En Marea presentou unha proposición non de lei na que traslada a Xustiza as necesidades en materia xudicial e o colapso que sofren os xulgados de Vigo.

Publicado por o día 11/11/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea presentou unha proposición non de lei na que traslada a Xustiza as necesidades en materia xudicial e o colapso que sofren os xulgados de Vigo.

A deputada por Pontevedra de En Marea, Alexandra Fernández, presentou este venres unha proposición non de lei no Congreso na que insta ao Ministerio de Xustiza a dotar a Galiza de máis xulgados para rebaixar a actual saturación e colapso existente.

Entre as demandas plantexadas pola parlamentar de En Marea, está a de solicitar unha praza para a Sección número 6 da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, dado que é a máis colapsada de Galiza.

Ademais, tamén require dous xulgados, un especializado en dereito de Familia e outro do Social.

“Estas son as necesidades máis urxentes que ten na actualidade a xustiza en Vigo”, enfatizou a deputada.

Alexandra Fernández fai valer algunha das conclusións do Informe do Consello Xeral do Poder Xudicial, no que se indica que un 34,51% dos xulgados galegos, un de cada tres, soportan máis traballo do que poden asumir.

En concreto, Vigo e A Coruña son as dúas provincias que lideran a lista de xulgados con máis carga de traballo, con 19 e 22 órganos respectivamente que superan o índice do 150% marcado polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX).

A parlamentar de En Marea destaca que segundo o Informe do CXPX, os xulgados de Primeira Instancia e Instrucción con sobrecarga de traballo son os números 1 e 2 de Viveiro, os tres de Vilagarcía, os números 1 e 2 de Cangas, o número 4 de Cambados, o número 2 de Redondela, o 1 de Porriño e o 1 de Marín.

Outro dos datos que destaca é o feito de que oito xulgados galegos superen o 200% de carga de traballo.
Alexandra Fernández alega que o Ministerio de Xustiza explicou o seu dispór a crear novos órgaos xurisdicionais este ano 2016 en Galiza, após de anos de parón neste sentido.

Sen embargo, destaca que o seu ofrecemento “é limitado”, porque non cubre todas as necesidades do territorio galego neste ámbito.

“O Ministerio reduce as necesidades de Xulgados de Galicia a dous ou tres, cifra que se queda moi corta para as necesidades existentes”, comentou Fernández.