En Marea promoverá a creción dun Estatuto dos traballadores da cultura que dignifique as condicións laborais dos creadores

No encontro coa Cultura que tivo lugar esta tarde en Santiago de Compostela, anunciouse o lanzamento esta mesma tarde dun manifesto en apoio á candidatura de Luís Villares, asinado por multitude de persoas relevantes no mundo da cultura do noso país como Manuel Rivas, Miguel de Lira, Alonso Montero, Marilar Aleixandre ou Ana Luísa Bouza entre outros moitos.
Publicado por o día 23/09/2016 na sección de Cultura,Eleccións Galegas,En Marea

En Marea promoverá a creción dun Estatuto dos traballadores da cultura que dignifique as condicións laborais dos creadores

En Marea celebrou hoxe un encontro coa Cultura no que o candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, puxo en valor a necesidade de loitar e defender a nosa cultura. “No derradeiro día de campaña reivindicamos a nosa cultura, acompañala e promovela fronte o ataque que vivimos estes anos cunha redución e tapado dos creadores, dos medios de comunicación“ declarou. Un compromiso que se xustifica no desexo de En Marea de facer do noso país un país xusto e por iso ten que ter en conta a xente que canta, que produce, que fai audiovisual, que fai teatro.

Promover e dignificar a cultura popular por iso En Marea reclama a dignidade profesional destes profesionais que contribúen á nosa identidade persoal e colectiva, que fan cultura como expresión de país. “Evitar que fórmulas non cooperativas o empresariais ou seguir a enterrar cartos na Cidade da Cultura que é a anticultura do noso pais ou encamiñados a tapar as bocas dos nosos creadores“ explicou o candidato á presidencia da Xunta.

María José Rodríguez, candidata de En Marea, salientou o dereito de todas e todos a se desenvolver de xeito pleno, apostar pola cultura. Centrándose no campo da música anunciou que En Marea porá a funcionar as redes de música en vivo, continuará a rede locais de ensaio, recuperar a dignidade dando a categoría de titulados universitarios a estes profesionais, continuar co anteproxecto de lei espectáculos de Galicia. Pero tamén ter un espazo nos medios de comunicación públicos sobre todo na Radio Galega. “A música forma parte da nosa cultura e forma parte da comunicación entre as persoas“ destacou.

Sara Torreiro, pola súa banda, falou dos medios de comunicación que En Marea cre que non poden ter función mercantilista senón unha parte pedagóxica que non poden esquecer, debe prestar servizo aos grupos da sociedade agora desatendidos. Deben garantir dereito información a través dos medios públicos. “Se queremos unha cidadanía empoderada precisamos unha cidadanía informada“ afirmou e por iso é preciso tamén acabar coa manipulación real que existe na CRTVG. E por suposto o galego ten que se punta de lanza nos medios públicos, que se cumpran as leis.

Sara Torreiro anunciou ademais o lanzamento que terá esta tarde a través das redes de En Marea dun manifesto de apoio á candidatura de Luís Villares asinado por numerosos persoeiros do mundo da Cultura do noso país.

O candidato pola Coruña, Xan Xove, falou de que as institucións non deben acaparar a cultura galega o que ten que facer é un acompañamento, “que os recursos públicos se usen para dignificar a vida dos creadores e creadoras e axudar a que continúen coa súa vida creadora non para interferir nela“. Por iso En Marea reclama un Estatuto do traballador da cultura que manteña esta idea de acompañamento.

O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, explicou que En Marea entende a cultura como cultivo das raíces. Como un sector estratéxico e unha cuestión de país e de Estado, para dinamizar a economía e para xerar emprego. Referiuse ás desfeitas Feijóo nestes anos no ámbito da cultura galega que antes deste goberno xeraba máis riqueza que a propia Citröen. Fernán Vello destacou tres feitos.  por unha banda no tocante a Rede pública de bibliotecas os recortes foron dun 80 por cento segundo datos oficiais. En segundo lugar en política lingüística dun 70 por cento. E por último o recorte dun 58,4 por cento en orzamento de Cultura. “Esta é a liña de desmantelamento a súa destrución do PP coa nosa cultura“ denunciou asegurando que “estamos nun momento de emerxencia no sector da Cultura a causa das políticas do PP“.

O domingo En Marea dará un paso histórico

En resposta as preguntas dos xornalistas, Luís Villares, fixo balance da campaña que asegurou é moi positivo. Conseguiuse desenmascarar a Feijóo e ao PP, dos recortes, da corrupción, do sufrimento, sabemos que imos dar un paso histórico, e En Marea entrará a formar parte da historia“ declarou Villares.

“É preciso que todo o mundo vaia a votar o domingo en clave de xustiza social para acabar co tempo do PP, da miseria, dos recortes e a miseria. Para abrir  un tempo de dignidade, de traballo social e de goberno para á xente, de esperanza, para que todo o mundo teña o seu dereito a ser feliz asegurado nun país máis xusto. En Marea é a ferramenta para traer a dignidade ás institucións galegas. O sorpaso será ao PP“ afirmou.