En Marea propón a apertura da mesa de diálogo do transporte para solventar a folga do transporte en Galicia

Antón Sánchez propón que se reúnan representantes de todas as partes implicadas, usuarias, traballadoras, sindicatos patronal e sociedade civil
Publicado por o día 28/06/2017 na sección de En Marea,Política

En Marea propón a apertura da mesa de diálogo do transporte para solventar a folga do transporte en Galicia

En Marea propón que se abra en Galicia a mesa de diálogo da folga do transporte ante a inoperancia da Xunta e a cerrazón da conselleira de escoitar ás partes. Para Antón Sánchez, aínda estamos a tempo “de artellar un plan de transporte para Galicia que cubra as necesidades e que non deixe a ninguén fóra”.

Sánchez explicou que a conselleira “non está escoitando ás partes e en lugar de estar en Galicia, marcha a Castela-León, que é un caso que non ten que ver con nós”.

Para En Marea, “aínda é tempo de solucionar os problemas do transporte se a Xunta escoita a todas as partes como tería que ter feito desde o principio, en lugar de deixalo todo para última hora e agora non querer escoitar a ninguén”.