En Marea propón para Ferroatlántica un plan industrial que aproveito os beneficios das centrais para impulsar a fabricación de compoñentes para a enerxía solar

Luís Villares advirte que En Marea non permitirá a segregación das centrais.
Publicado por o día 27/07/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea propón para Ferroatlántica un plan industrial que aproveito os beneficios das centrais para impulsar a fabricación de compoñentes para a enerxía solar

 O voceiro de En Marea e o deputado desta formación, Francisco Casal, expuxeron a proposta para Ferroatlántica, un plan industrial para a Costa da Morte co recoñecemento da importancia que tanto as centrais como a ferroaleación ten para a comarca. Ademais, desde En Marea tamén se advertiu ás empresas de Villar Mir e á Xunta de Galicia que non se consentirá ningunha trampa legal, nin unha segregación pola porta de atrás das centrais do Grande e o Xallas.

Luís Villares asegurou que En Marea “estará atenta que se cumpra as cláusulas das concensións nas que está moi claramente vencellada a explotación das centrais e nas que se explicita que o beneficio que produzan as centrais deben reinvestirse na comarca”.

Para o voceiro de En Marea “a moblización de toda a Costa da Morte impide que se vendas as centrais, pero ademais a solución xurídica a este caso só pode ser a que se acaba de dar”. Villares tamén respondeu as “ameazas que a Ferroglobe utiliza no seu recurso contra a resolución demostran unha vez máis cal é a verdadeira intención de Villar Mir con respecto a Ferroatlántica”.

Villares referiuse tamén á “ambigüidade” coa que o PP se manexou estes meses respecto a Ferroatlántica “mentres parecía buscar unha solución para satisfacer a Villar Mir”. Neste sentido, o voceiro sinalou que En Marea permanecerá atenta a evitar calquera movemento que facilite a segregación das centrais.

Plan industrial

Francisco Casal detallou o plan industrial que En Marea propón e que en ningún caso “depende da venta das centrais porque o plan industrial é unha das condicións que figuran na concesión das centrais do ano 92”. Casal sinalou tamén que segundo as cifras das que dispón En Marea, “as centrais xeneran entre 15 e 20 millóns de ingresos ao ano como mínimo”. O deputado sinalou que tal como evoluciona o mercado hidroeléctrico estes ingresos medrarán porque “o megavatio hidráulico é o que terá maior valor no futuro”. Este nivel de ingresos ten que reverter na Costa da Morte posto que esta é unha “esixencia que figura na concesión que explica que os beneficios resultantes da explotación dos centrais ten que reverter na viabilidade das factorías da empresa e no desenvolvimento dun plan industrial para a Costa da Morte”.

Casal explicou que tomando como referencia os 15 millóns de ingresos anuais, “podería facerse un plan industrial moito máis ambicioso que o que a empresa presentou condicionado á venta das centrais”. Detallou que con estes 15 millóns de ingresos a posibilidade financeira de inversión rondaría os 300 millóns de euros, “tres veces máis do que a empresa propuña trala venta das dúas centrais”.

O desenvolvimento máis lóxico para este plan de inversión pasa por ampliar as posibilidades dos produtos que se están producindo na comarca “fundamentalmente do silicio fotovoltaico e do metal, esta produción pode incrementar de xeito grande a xeración de postos de traballo, en especial a produción de obleas de silicio solar, que están destinadas aos paneis solares, que terán un mercado que está crecendo ao 25% anual”. Segundo sinalou Francisco Casal, en Galicia “temos cubertos todos os procesos para a fabricación destas obleas excepto a última transformación que se podería realizar grazas á posta en marcha deste plan”.