En Marea propón un plan de transporte integral para Galicia sen copiar outras comunidades e sen parchear a situación actual

Publicado por o día 11/07/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea propón un plan de transporte integral para Galicia sen copiar outras comunidades e sen parchear a situación actual

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, propuxo no pleno do Parlamento de Galicia a redacción dun plan de transporte integral e non seguir “facendo un parche que non solucionará nada”. O deputado rexeitou tamén que a Xunta utilice un mapa de transporte similar ao de Castela-León porque “a situación non se parece en nada a de Galicia”.

Para Antón Sánchez, a situación na que se encontra o transporte en Galicia é o resultado “da suma de erros do goberno do PP, prórrogas as empresas, improvisación como táctica e desplanificación xeral calculando que os problemas se resolven sós”.

A proposta de En Marea é a elaboración dun plan para o transporte de Galicia, “un plan que non vai ser doado de realizar, pero que debe atender aos problemas auténticos das galegas e sobre todo as necesidades de cara ao futuro, ponderando as consecuencias que o transporte teña nas consecuencias demográficas e económicas”. Sánchez sinalou que o plan de transporte ten que “investir en conexión do territorio e acceso aos servizos educativos e sanitarios”.

Sánchez explicou na súa intervención en resposta á conselleira que a “prepotencia” era o actitude típica do PP e asegurou que a “improvisación” é que está guiando o comportamento da Xunta fronte ao transporte en Galicia. No mesmo sentido, o vicevoceiro de En Marea sinalou que a intención do goberno galego de imitar o plan de transporte de Castela-León é mala noticia para Galicia porque ese plan “nalgúns casos vai quedar folgado e noutros quedará apreixado”. Fronte a isto, En Marea propón a redacción dun plan que parta das necesidades concretas de Galicia “que parta da avaliación dos plans executados ata agora,  que parta da intelixencia colectiva do sector do transporte e que teña en conta a opinión dos expertos”.