En Marea propón que todos os concellos conten con servizo de recollida de animais abandonados e que se retiren as sancións á súa alimentación

Francisco Casal: “Rexeitamos a exclusión de aplicación da Lei aos animáis empregados en calquera espectáculo taurino incluidos os encerros”.
Por o 06/06/2017 | Sección: En Marea,Política,Vigo
En Marea propón que todos os concellos conten con servizo de recollida de animais abandonados e que se retiren as sancións á súa alimentación

O deputado Francisco Casal foi o encargado de defender o posicionamento de En Marea no debate de totalidade do Proxecto de Lei de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia. “Non presentamos unha emenda á totalidade porque consideramos que hai avances sobre a anterior lei de 1993 pero moitas cousas que mellorar e adaptar a unha realidade social moi diferente despois de 24 anos, onde a sensibilización da cidadanía sobre os dereitos dos animais é afortunadamente moi maioritaria”.

Con todo, En Marea considera que a lei debe ser abordada dende un debate máis amplo que recolle medidas coma as propostas polo grupo parlamentario, entre as que destaca que “todos os concellos conten cunha canceira, xa sexa municipal ou consorciada con outros concellos limítrofes para a recollida de animais abandoado, dando prioridade para constituílas e financialas as protectoras establecidas neses territorios”.

Recollendo as ideas das asociacións de protección animal coas que mantivo diferentes xuntanzas nos últimos meses, Francisco Casal tamén esixe retirar as sancións por alimentar ou recoller os animais vagabundos ou extraviados nas vías públicas, sen contar coa correspondente autorización municipal. “Consideramos que a alimentación por motivos humanitarios non pode ser prohibida nin sancionada e o camiño é a educación, información e ordenación para que nos casos en que sexa necesaria se produza en condicións de salubridade adecuadas”.  Canto á recollida a proposta é que non se considere unha falta grave, sempre e cando se comunique posteriormente e o antes posible ao centro de acollida da zona ou a autoridade competente.

En Marea, que presentou máis de 65 emendas ao no Proxecto de Lei, tamén defende que os animais enfermos podan ser adoptados sempre e cando a adoptante sexa plenamente coñecedora das suas doenzas, algo que se restrinxe no texto presentado, ademais de esixir documentación que o acredite. Outras das medidas propostas son:

-Rexeitamos a exclusión de aplicación da Lei aos animáis da familia dos équidos.

– Incluír na aplicación da Lei aos animáis empregados en calquera espectáculo taurino incluidos os encerros e aos animais da familia dos équidos.

– Maior implicación, recoñecemento e apoio as asociacións sen fins de lucro que teñen por obxeto a defensa e a protección dos animáis, podendo ser declaradas de utilidade pública e partes interesadas en todos os procedementos desta Lei.

– Rexeitamento da utilización de animais en atraccións de feiras e outras asimilables.

– Prohibición de manter os animáis atados ou encadeados de maneira indefinida, ou limitarlles de forma durareira o movemento necesario para eles dentro das suas características etolóxicas.

– Diferenciación entre eutanasia e sacrificio dos animáis. Este último estará prohibido en calqueira circunstancia salvo emergencias graves de saúde pública.

– Mellorar as condicións, recollidas na Lei, para os núcleos zoolóxicos.

– Ampliar o plazo para que un animal con identificación se considere abandonado despois da notificación ao propietario de 3 a 10 días. No caso dos no identificados ampliala a 20 días.

– Ampliar as competencias dos fogares de acollida temporal de animais abandonados permitíndolles ter mais de 5 animáis previa comunicación a consellería competente.

– Fomentar a creación de colonias felinas controladas en todos os concellos.

Finalmente, En Marea propón engadir unha Disposición Adicional de importancia esencial para que os fins da Lei poidan ser desenvolvidos: a sua dotación orzamentaria por parte da Xunta de Galicia. “Non se poden implantar tantas obrigas aos Concellos e despois non dotalo económicamente e deixalo cargar sobre concellos nos que a maioría terán imposibilidade material de cumplir os preceptos da Lei” sinalou Franciso Casal, para quen “sen orzamento a Lei será papel mollado e un canto o sol, e iso é inadmisible.”