En Marea propón unha policía local mancomunada para os concellos do sur da ría de Ferrol

Integrantes das mareas locais de Ares, Cabanas, Fene, Neda e Mugardos presentaron unha inciativa para que estes concellos mancomunen un servizo que cada concello por si mesmo ofrece con moitas deficiencias
Por o 27/02/2018 | Sección: En Marea,Política
En Marea propón unha policía local mancomunada para os concellos do sur da ría de Ferrol

Concelleiros de distintas formacións do espazo de En Marea presentaron en Ferrol, xunto co voceiro da formación, Luís Villares para presentar unha iniciativa que promova que os servizos de policía local destes concellos poidan ser mancomunados. Luís Villares explicou na súa intervención que esta era “unha iniciativa pioneira” que demostra que se poden “realizar iniciativas para mellorar os servizos para a xente e isto é o que é importante de verdade para En Marea”. Villares sinalou que na presentación desta iniciativa “participa xente con responsabilidades de goberno e xente que non a ten, pero para En Marea o importante é que esta iniciativa saia adiante e que estes concellos melloren os servizos que prestan á súa cidadanía.

Xosé Manuel Sardiña, de Cabanas, sinalou que a situación na que se encontran as policías locais dos cinco concellos non permite que os veciños conten con bos servizos. Mancomunar este servizo significaría atender a unha poboación de arredor de 33.000 persoas. Na actualidade, esta pobación está atendida por 20 axentes (das 29 prazas totais que hai)   cando segundo a ratio aconsellada (1,8 por cada mil habitantes) a plantilla para os cinco concellos tería que ser a dobre.

Sardiña sinalou (segundo está explicado no documento adxunto) que a lei ten prevista a posibilidades de mancomunar servizos en concellos limítrofes e cunha poboación que non supere os 40.000 habitantes. O concelleiro apuntou que ter un servizo en común redundaría “nunha maior seguridade para os veciños, nunha prevención maior no caso de incendios e tamén unha atención máis ampla nos casos de violencia de xénero”. Tamén sinalou como beneficio para o servizo que a coordinación entre corpos policiais melloraría cunha policía local mancomunada”

Miguel Bastida, de Mugardos, Juan Carlos Pita, de Neda e Gus Pita, de Ares, explicaron algunhas das situación de precaridade que viven as respectivas policías locais dos seus concellos: vacacións que non pode ser cubertas, prazas que quedan vacantes e meses de verán sen servizo, ou baixas por maternidade que tampouco poden ser subtituídas”. Neste sentido, os concelleiros destes cinco municipios do sur da ría de Ferrol sinalaron que desde o punto de vista organizativo ter unha plantilla para todos eles xa favorecería moito a organización dos servizos que prestan as policías”.

Luís Villares sinalou tamén que esta iniciativa, única en Galicia, é con pouco referentes na Península, quere dicir que é posible que os concellos cheguen a acordos “sen necesidade de forzar as fusións municipais”. Pola súa banda, Xosé Manuel Sardiña apuntou que mancomunar a policía tamén podería ser “un punto de partida para que estes mesmos concellos poñan en común outros servizos”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.