En Marea propón para Vilagarcía inversións en sanidade, educación, saneamento das rías e infraestruturas

Publicado por o 19/05/2017
En Marea propón para Vilagarcía inversións en sanidade, educación, saneamento das rías e infraestruturas

Catro deputados do grupo parlamentario de En Marea mantiveron un encontro coa veciñanza para render contas do traballo parlamentario destes últimos meses e escoitar o que di a cidadanía que é necesario que se trate no Parlamento de Galicia. Luís Villares, como voceiro de En Marea, e os deputados por Pontevedra, Paula Quinteiro, Marcos Cal e Juan Merlo, presentados por Juan Manuel Fajardo.

Luís Villares asegurou que, como demostran actos coma este, “En Marea veu para quedarse e estes encontros coa cidadanía son para manter a relación directo entre o traballo institucional e as necesidades da cidadanía”. Villares sinalou que Galicia precisa para “transformarse do traballo da base, de que o traballo institucional sexa unha prolongación do que a xente pensa e precisa”.

Nas intervencións dos deputados presentes no encontro coa veciñanza precisaronse algunhas das necesidades de Vilagarcía e da súa contorna, entre elas a dotación correcta do Hospital do Salnés, unha dotación que ademais do material teña dotación de personal suficiente para poder atender á poboación da comarca. No mesmo sentido, Paula Quinteiro sinalou que En Marea reclamou a través dos orzamentos galegos a necesidade de crear “dous centros de atención primaria, un en Vilagarcía e outro en A Illa, ademais de contar no hospital cunha UCI e unha ambulancia medicalizada para a poboación da comarca”.

Juan Merlo referiuse ás necesidades de marisqueo e industria que ten Vilagarcía e que, “en lugar de ser satisfeitas, o que sucedeu é que se enterraron os cartos no ramal do ten para Ferrazo sin que, despois de gastar millóns de euros, non poida funcionar”. Merlo entrou tamén na necesidade do saneamento das rías, desde a perspectiva da produción marisqueira que, como expliou “segue sendo un piar fundamental para a economía de Vilagarcía”. Desde outra perspectiva, Marcos Cal sinalou tamén a necesidade de acometer un saneamento integral da ría de Arousa, “castigada por anos de descoido e que precisa de atención, dun plan de recuperación pero tamén dun plan que evite as agresións”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá