En Marea reclama ao Goberno español que na reforma do imposto da plusvalía inclúa a devolución do indebidamente cobrado aos contribuíntes

A sentenza do Tribunal Constitucional determina a responsabilidade do Estado e éste debe asumir os custes das devolucións.
Publicado por o día 25/02/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea reclama ao Goberno español que na reforma do imposto da plusvalía inclúa a devolución do indebidamente cobrado aos contribuíntes

O Tribunal Constitucional, mediante sentenza do pasado 16 de febreiro, acaba de deterninar  que o IIVTNU, coñecido como o imposto da “plusvalía” é contrario ao principio de capacidade económica, previsto no art. 31.1 CE.

O Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana é un tributo directo que grava o incremento de valor que experimenten devanditos terreos e ponse de manifesto a consecuencia da transmisión da propiedade dos terreos por calquera título ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce, limitativo do dominio, sobre os referidos terreos.»

O TC confirma nesta sentencia que non hai feito imponible cando o suxeito pasivo poida acreditar a inexistencia de incremento do valor na operación suxeita a dito imposto. O que estaba a suceder, e con maior frecuencia tras o pinchazo da burbulla inmobiliaria, é que moitos contribuintes tiñan que pagar cantidades moitas veces importantes por este imposto aínda que non se tivese xenerado esa ganancia.

O que sinala o Constitucional é que si se demostra que na transacción non hai ganancia, e mesmo pode haber perda, a persoa trasmitente non ten que pagalo, posto que non hai feito impoñible. A sentencia determina tamén que a responsabilidade recae sobre o Estado lexislador.

Por todo isto, En Marea ten rexistrado unha iniciativa no Parlamento galego instando a que se  reforme o RDL 2/2004, de Texto Refundido da  Lei Reguladora das Facendas Locais no senso que marca a sentencia e se inclúa unha disposición transitoria que permita que os Concellos devolvan as cantidades indebidamente cobradas e que o Estado sexa quen compense as institucións locais por esta devolución, por ser, segundo o Constitucional o responsable.

O Ministerio de Hacienda ven de declarar que si vai a reformar o RDL pero nada dí da devolución desas cantidades por parte do Goberno Central. En Marea esixe que se introduza ese punto na citada reforma, de xeito que sexa o Estado quen asuma a devolución, compensando aos concellos.

Por outra banda o viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, reclamou que “dunha vez por todas se afronte o cambio do modelo de financiamento local, de xeito que se remate cun sistema que perxudica aos concellos galegos con respecto a outras zonas do Estado, e se dote financeiramente as administracións locais con suficiencia que proporcione recursos para unha boa prestación de servizos“. Sánchez concluíu destacando a necesidade reformar os impostos que hoxe poden aplicar as administracións locais , que coma no caso do IBI que asegura ten unha aplicación inxusta.