En Marea reclama máis medios materiais e humanos para atender as demandas sobre cláusulas chan

En Marea augura un colapso total nos xulgados galegos nos vindeiros meses de non tomar medidas a corto prazo.
Publicado por o día 20/07/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea reclama máis medios materiais e humanos para atender as demandas sobre cláusulas chan

En Marea vén de presentar varias iniciativas no Congreso dos Deputados relativas á situación que se está a vivir nos xulgados galegos toda vez que non existen fondos económicos para cubrir as baixas laborais dos xuices e contratar sustitutos.

Así, o grupo parlamentario insiste en coñecer as medidas que ten previsto adoptar o Goberno e o Ministerio de Xustiza para garantir o correcto e áxil funcionamento dos xulgados ao darse esta “anómala” situación, e denuncia a situación de “colapso” que se pode chegar a dar de non resolver o problema de escasez de persoal que se está a vivir nos últimos meses.

Asemesmo, e após o acordo do Consello Xeral do Poder Xudicial de especializar un total de 54 Xulgados de Primeira Instancia, para atender todas as demandas relacionadas coas cláusulas chan, En Marea pregunta ao Goberno como van facer frente os xulgados designados para tramitar este tipo de demandas, se non se dotan aos mesmos dos debidos recursos materiais e humanos ante o previsible aluvión de denuncias que chegarán aos mesmos, e denuncia que a situación pode provocar o colapso duns órganos xudiciais xa saturados de traballo e con escasos recursos, sobre todo humanos, como estamos a comprobar.

Asemesmo, En Marea denuncia que os xulgados destinados para tramitar as demandas das claúsulas chan carecen de capacidade para absorver todas as demandas que se concentren, co que a cidadanía non poderá resolver os seus conflictos nun tempo razoable, ao tempo que se desaproveita a potencialidade dos xulgados de partido con capacidade para asumir estes asuntos, algo que tamén está reclamando o Consello da Avogacía Española.

A todo isto hai que engadir que o acordo do CXPX adoptouse sen a necesaria dotación de medios nin orzamentos por parte do Estado e das CCAA con competencias transferidas, o que está provocando graves disfuncións. Así, e segundo sinala o Grupo de En Marea no Congreso, esta clase de litixios resolveranse por xuíces en prácticas nos xulgados especializados de 15 grandes cidades, mentras que no resto do territorio, os xuíces de reforzó incorporaránse en función da entrada de asuntos nos xulgados especializados.

Así, no caso de Galicia, tal e como critica En Marea, todos os procesos relativos ás cláusulas chan concentráronse en só 4 xulgados, un por cada provincia, que xa teñen a súa carga de traballo, e só no caso de A Coruña e Vigo, son apoiados por xuíces en prácticas.

Para acabar de empeorar a situación, o xulgado especializado de Vigo non conta na actualidade con Letrada ou Letrado da Administración de Xustiza. En Marea denuncia que o secretario do Servizo Común de Notificacións e Embargos, foi «invitado» a dirixir «voluntariamente» o reforzo de cláusulas chan de Vigo, o que suporía que tería que atender á vez a súa oficina, sustituir ao seu homólogo do Rexistro Civil e afrontar unha avalancha de cláusulas chan, polo que finalmente esa praza continúa vacante.

Esta precaria situación é predicable tamén do xulgado de A Coruña e máis grave aínda no caso de Lugo e Ourense, onde nin sequera contan coa xuiza ou xuiz en prácticas.

Neste senso, En Marea denuncia que as medidas adoptadas son totalmente inadecuadas e insuficientes para atender ao previsible aluvión de litixios relacionados coas cláusulas chan, xa que ao non prever a creación de novos xulgados, nin dotar de máis medios materiais e humanos aos xa existentes, e limitarse a atribuir competencia exclusiva pero non excluínte a algúns deles, o único que se está a facer é concentrar estas demandas nun concreto órgano xudicial, o cal debe continuar coñececendo todos os procedementos actualmente pendentes ante os mesmos ata a súa conclusión e aos que se lle veñen a sumar agora todos os relativos ás cláusulas chan da súa provincia, e sin que isto vaia acompañado de ningún outro tipo de medida de reforzo, máis alá do nomeamento de xuíces en prácticas.