En Marea reclama no Congreso a transferencia da AP-9 e a súa gratuidade

Publicado por o día 13/04/2016 na sección de En Marea,Política

En Marea reclama no Congreso a transferencia da AP-9 e a súa gratuidade

En Marea insta ao Ministerio de Fomento que a que inicie os trámites necesarios para proceder á transferencia da Autoestrada do Atlántico, a AP-9, ao Goberno galego e que pase a ser unha vía libre de peaxes, ao considerar que está sobradamente amortizada e que é unha infraestrutura fundamental para vertebrar Galicia de norte a sur.

“No ano 2015 a facturación de AUDASA superou os 127 millóns de euros, un 2% máis ca o ano anterior”, sinala a portavoz de En Marea Alexandra Fernández, “pero estos contiosos beneficios nin sequera redundaron nunha mellora do mantemento da autoestrada. O negocio é totalmente redondo, suculentos beneficios sen apenas inversión”.

A iniciativa recolle tamén a petición que sobre esta mesma cuestión tramitou o Parlamento Galego, que o pasado 15 de marzo aprobou por unanimidade unha proposición de lei que demanada a transferencia a Galicia da AP-9 co voto a favor do PPdeG.

A proposición non de lei debaterase na Comisión de Fomento a vindeira semana.

PRENSA EN MAREA