En Marea reclama que o pacto pola Educación inclúa a toda a comunidade educativa e non quede nun pacto de “despachos“

A deputada Ánxeles Cuña reuniuse esta mañá coa Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia que trasladaron a súa preocupación ante a falla diálogo real.
Publicado por o día 20/01/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea reclama que o pacto pola Educación inclúa a toda a comunidade educativa e non quede nun pacto de “despachos“

En Marea reuniuse esta mañá cos representantes da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia. A deputada Ánxeles Cuña destacou tras o encontro a necesidade de que o pacto educativo conte con todas as forzas sociais e non unicamente un pacto “de despacho“ senón que debe contar co respaldo de toda a comunidade educativa de Galicia. O coportavoz da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, Lois Uxío Taboada, trasladou a preocupación da plataforma xa que pode darse o caso de que se chegue a un pacto das forzas políticas en materia de Educación pero co que non coincida a comunidade educativa, polo que reclamou a necesidade dun pacto social en paralelo. Reclaman polo tanto que se abra un espazo real de diálogo coa comunidade educativa “que se anuncia pero non remata por se concretar“.

Desde a plataforma denunciaron os “sete anos de resistencia ante os salvaxes recortes sen precedentes no sistema educativo e cunha lei infame e imposta por unha maioría absoluta que está levando ao noso sistema educativo a situación actual“.

Plataforma está a valorar a convocatoria dunha xornada de folga xeral educativa para o vindeiro 9 de marzo por parte de todos os sectores da comunidade educativa (alumnado, familias e docentes) en todas as etapas educativas desde educación infantil á Universidade, ambas incluídas. No caso de que non se produza ningún avance ou movemento por parte das institucións políticas, se continuará con esta convocatoria que se estendería por todo o territorio do Estado.