En Marea reclama unha vez máis as competencias e o rescate da AP-9

A visita do ministro de Fomento a Galicia volve contradicir a decisión tomada polo Parlamento de Galicia.
Publicado por o día 26/09/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea reclama unha vez máis as competencias e o rescate da AP-9

O ministro de Fomento volveu negar a posibilidade de que a AP-9 siga o mandato formulado polo Parlamento de Galicia e sexa de competencia autonómica. O ministro, co presidente da Xunta ao seu lado, volveu a denegar a posibilidade da xestión galega da principal vía de comunicación do país, ignorando unha vez máis a decisión tomada en pleno polo parlamento galego.

A contestación do ministro de que a AP-9 non será de xestión galega volve deixar en evidencia a nula capacidade de Feijóo para dar a valer os acordos do Parlamento en Madrid e De la Serna recordoulle ao presidente da Xunta quen manda de verdade en Galicia. En Marea considera que a actitude de Feijóo é servil con goberno de Madrid e inútil para os galegos.

En Marea reclama unha vez máis as competencias de AP-9 para Galicia tal e como deixou mandado o Parlamento de Galicia. Tamén esixe En Marea o rescate desta vía, xustificado desde o punto de vista económico e da importancia que ten para o país.