En Marea recolle dos traballadores de Ferroatlántica a pregunta que lle formulará a Feijóo no primeiro pleno da lexislatura

Luís Villares quixo que foran os traballadores os que redactaran a pregunta para “levar ao Parlamento a voz e as aspiracións de dignidade de toda unha comarca”.
Publicado por o día 22/11/2016 na sección de Emprego,En Marea,Política,Vigo

En Marea recolle dos traballadores de Ferroatlántica a pregunta que lle formulará a Feijóo no primeiro pleno da lexislatura

Esta mañá o portavoz de En Marea, Luís Villares, acompañado dos deputados Luca Chao, Juan Merlo e Francisco Casal sumáronse ao peche que manteñen dende onte no concello de Cee os traballadores de Ferroatlántica ata que Feijóo acepte recibilos. “Estamos aquí cunha misión moi clara, queremos ser os que traslademos a voz dos traballadores e traballadoras de Ferroatlántica  directamente a un presidente da Xunta que se nega a recibilos, negando o propio problema”, indicou Villares, que lles pediu aos traballadores que acordou cos traballadores a pregunta concreta que mañá lle formulará a Feijóo no primeiro pleno da lexislatura.

A segregación e venda ten que contar necesariamente coa aprobación da Xunta de Galicia. “Polo tanto Feijóo é o máximo responsable de que iso se poida levar a cabo e parécenos absolutamente inaceptable que os traballadores estean a día de hoxe sen ser recibidos igual ca os alcaldes da comarca  pora parte do presidente da Xunta”, censurou o portavoz de En Marea referíndose á negativa de Feijóo a recibir tanto ao comité de empresa de Ferroatlántica como aos rexedores da Costa da Morte.

Coa primeira pregunta que En Marea fará dentro deste pleno ordinario e que será a primeira pregunta de toda a lexislatura “quere ser a voz dos traballadores  e de toda unha comarca, do que para nós é un sector estratéxico do conxunto do país”. Luís Villares declarou que tamén lle pedirán a Feijóo “que reciba de forma inmediata os traballadores e traballadoras e aos alcaldes como representantes lexítimos de todas as aspiracións de dignidade dunha comarca  e polo tanto que se posicione claramente contra a  segregación  e a venda, non lles quedará outro remedio ca cambiar de opinión”.