En Marea recomenda á Xunta que aprenda de Portugal e permita unha comisión de estudo para coñecer que foi o que fallou no ´domingo negro’

O voceiro, Luís Villares, visitou esta mañá o concello de Ponte Caldelas onde mantivo unha xuntanza co alcalde, Andrés Díaz, e onde puido constatar a “notoria insuficiencia” das axudas aprobadas polo Goberno galego polo lume.
Publicado por o día 02/11/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política,Xunta de Galicia

En Marea recomenda á Xunta que aprenda de Portugal e permita unha comisión de estudo para coñecer que foi o que fallou no ´domingo negro’

O voceiro de En Marea, Luís Villares, xunto coas deputadas, Eva Solla e Paula Quinteiro, e o deputado Marcos Cal, visitaron esta mañá o concello de Ponte Caldelas onde mantiveron unha xuntanza co alcalde Andrés Díaz, no que tamén estiveron presentes representantes de En Marea en Pontecaldelas e das comunidades de montes da comarca, ademais de visitar as zonas afectadas pola vaga de lumes vivida no ´domingo negro`. Villares asegurou que tras a visita o grupo parlamentario puido constatar por unha banda “a notoria insuficiencia das axudas aprobadas pola Xunta a semana pasada que non cobren nin de lonxe todo o traballo que están a desenvolver os municipios nin se encargan de financiar a restauración e atención integral socio-económica de todo o tecido destruído”.

En segundo lugar, o voceiro de En Marea denunciou a irresponsabilidade na que incorre o PP ao denegar a comisión de estudo solicitada polos grupos da oposición no Parlamento xa que a incompetencia e abandono sufrido pola poboación do noso país no ´domingo negro` podería ter un remedio pero pasa antes é preciso saber cales foron as causas. “O PP nega no Parlamento unha comisión que era o lugar idóneo para que expertos independentes puideran avaliar que foi o que fallo a nivel de emerxencias, de atención de grupos de protección civil, en ordenación forestal, agropecuaria, que falla a nivel de ordenación do territorio para poder establecer unha política alternativa” explicou.

“O PP di que quere facelo pero sen comisión de estudo, que aprendan de Portugal que está a escoitar a quen sabe” recomendou Villares ao Goberno galego. “Temos un Goberno galego que está cego porque non coñece a realidade do noso territorio e que está xordo porque quere escoitar a xente que ten moito que dicir para mellorar as condicións de vida do noso país” lamentou.