En Marea recoméndalle ao PP “pasar polo otorrino e polo oculista para percibir o reclamo cidadán dunha sanide pública de calidade”

Luís Villares e Marcos Cal reunironse no Hospital do Salnés coa Xunta de Persoal e emprazan ao resto de forzas “a facer piña coa cidadanía para dobregar a maioría absoluta parlamentaria”.
Por o 11/10/2017 | Sección: En Marea,Galicia,Política,Sanidad,Vilagarcia
En Marea recoméndalle ao PP “pasar polo otorrino e polo oculista para percibir o reclamo cidadán dunha sanide pública de calidade”

O voceiro de En Marea Luís Villares e o deputado Marcos Cal acompañados de membros de En Marea mantiveron esta mañá unha xuntanza coa Xunta de persoal do Hospital Comarcal do Salnés, perante a previsible desaparición da área sanitaria contemplada no anteproxecto de Lei de Saúde de Galicia.

“Os responsables do PP terían que empezar por vir ao Salnés aos servizo de otorrino porque a súa xordeira impídelles escoitar o reclamo cidadán a favor dunha sanidade pública e tamén deberían pasar polo oculista, pois se non estánn vendo o que significa o desmantelamento da sanidade pública é que non están habilitados para gobernar”, comezou sinalando Luís Villares, en declaracións a medios trala reunión.

Os representantes de En Marea constataron que os problemas que xa vén sufrindo nos últimos anos o Hospital do Salnés se verán agravados coa supresión da área sanitaria e denunciaron “o desmantelamento progresivo da sanidade pública en favor da sanidade privada, co peche a metade do ano dunha planta que podería servir para atender os pacientes de toda a área, unha perda de servizos nas especialidades de Cardioloxía, Neuroloxía e no Servizo Dixestivo, desatentendo unha poboación que sufre como consecuencia diso maiores listas de espera e ter que desprazarse a Pontevedra”.

A Atención Primaria é outra das eivas de toda a área sanitaria do Salnés, “con centros de saúde como Cambados ou Ribadumia ou A Illa que están sufrindo constantemente a falta de cobertura de substitucións, de vacacións, perda de persoal e, en defintiva, perda de servizos de carácter esencial que afecta a toda a poboación, non só aos votantes dun partido ou doutro”.

“Todo o mundo quere servizos sanitarios de calidade cerca do lugar no que viven, porque a proximidade en Sanidade salva vidas e dá calidade de vida”, reivindicou Luís Villares, que revalidou o compromiso de En Marea coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés e coa cidadanía en xeral e emprezou ao resto de forzas políticas a facer piña co resto da cidadanía “pois aínda que non é facil dobregar unha maioria absoluta parlamentaria, é posible coa mobilización social, como quedou patente coa Lei de acuicultura”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.