En Marea reivindica na Fracha políticas que teñan en conta a opinión da cidadanía

En Marea pide que se paralice a obra da A-57 devolvendo a Fracha ao seu estado e a liberalización da peaxe da AP-9
Publicado por o día 11/06/2016 na sección de En Marea,Política

En Marea reivindica na Fracha políticas que teñan en conta a opinión da cidadanía

A Fracha (Pontevedra), 11 de xuño de 2016.- A candidatura de En Marea organizou esta mañá unha andaina ecoloxista xunto coa Plataforma de Veciños ‘Salvemos A Fracha’ na que participaron a número 2 ao Congreso por Pontevedra, Ángela Rodríguez, a número 6, Blanca Barrio, e a candidata ao Senado, Vanessa Angustia.

Nas declaracións feitas aos medios na Ermida de Marcón no monte da Fracha a número 2 ao Congreso de En Marea por Pontevedra, Ángela Rodríguez, denunciou que este tipo de prácticas habituais no Partido Popular ante as que o que hai que preguntar é que hai detrás deste xeito de gobernar. “Sabemos que detrás de Ence hai ex Conselleiros e ex Ministros no Consello de administración e que traballan para o Partido Popular. En Reganosa ou a A-57 estamos a falar do mesmo tipo de corrupción, ás mesmas portas xiratorias, só hai que dar tempo para que saian a luz” declarou Ángela Rodríguez. “O que nos propoñemos é un xeito total de gobernar, un Goberno para o 99 por cento que acabe con todas estas practicas corruptas. E non temos ningún tipo de dúbida de que o 26 de xuño imos a gañar” concluíu.

A candidata ao Senado, Vanessa Angustia, salientou o compromiso de En Marea coa defensa da nosa riqueza patrimonial, da nosa cultura, co medio ambiente e a loita contra o espolio que o PP está a practicar no noso país e en particular na Fracha. “A señora Ana Pastor non só comezou esta obra en contra dos veciños, non só empantanou aquí  87 millóns de cartos públicos para estragar esta terra e este ben común de todas as galegas senón que o fixo ademais inaugurando un período electoral para se vender en contra de todos os veciños e veciñas desta vila que non querían esta obra innecesaria” denunciou a candidata a Senadora. O escurantismo, a falla de transparencia, a imposibilidade de participación da cidadanía polas barreiras impostas polo PP forman parte do xeito de gobernar do Partido Popular, unhas practicas que teñen a súa data de finalización. “Acabouse facer política en contra da nosa xente, para iso estamos en política para evitar que continúen a gobernar contra a cidadanía” asegurou Vanessa Angustia.

En Marea defendeu durante estes meses no Congreso e no Senado os intereses da cidadanía, solicitando a paralización da obra da A-57, a restitución do estado orixinal do monte da Fracha e que se liberalice a peaxe da AP-9. Iniciativas que serán trasladadas de novo ás Cortes por En Marea na vindeira lexislatura.