En Marea reivindica prezos xustos para o leite para manter vivo o rural e o emprego no sector primario

Por o 16/06/2016 | Sección: En Marea,Política
En Marea reivindica prezos xustos para o leite para manter vivo o rural e o emprego no sector primario

Os cabezas de lista por Pontevedra e pola Coruña, Alexandra Fernández e Antón Gómez-Reino, acompañados do vicevoceiro de AGE no Parlamento Galego, Antón Sánchez, e a portavoz do  Movemento Veciñal Estradense (MOVETE), Mar Blanco, achégaronse esta mañá ata a explotación gandeira Granxa Xestoso, na Estrada, para coñecer de primeira man os problemas polos que atravesa o sector gandeiro en Galicia, que non cobre os custes de produción e está causando a desertización do rural.

“Estamos ante unha crise gravísima do sector, é de sentido común que se o prezo de produción de leite está redor dos 30 céntimos é imposible manter un sector cando se lles está a pagar por debaixo desta cifra fai falla regulación e protección dos pequenos gandeiros. A Xunta nestes anos pediron aos gandeiros que fixeran os deberes e o fixeron, endebedáronse, investiron en tecnoloxía, remodelar explotacións pero a Xunta mentres tanto non fixo o seu. Non fixo plan industrial, nin ordenación do territorio, ninguna normativa para defender aos gandeiros, seguiron a defender aos de arriba e nunca aos de abaixo nesas negociacións dos prezos”, denunciou ALEXANDRA FERNÁNDEZ que engadiu que “fai falla protección e asegurar un prezo xusto aos gandeiros. Falla vontade política. Temos un PP que está deixando ao rural perderse, di que non se pode lexislar e non é así, Francia o está a facer e está a defender aos seus gandeiros. A diferenza está na vontade política.”

ANTÓN GÓMEZ-REINO, que foi voceiro da Comisión de Agricultura na anterior lexislatura, tamén lamentou a “situación dramática” que atravesan miles de granxas no noso país,  “que ben de longo, e se coñecía. Hai que facer unha reflexión colectiva sobre a importancia do sector gandeiro para soster o país, a nivel económico, demográfico, de lingua, de ordenación do territorio, a todos os niveis é un sector fundamental para o país. E zonas provincia Lugo, A Coruña e norte d ePontevedra podan continuar co seu percorrido. O engano sistemático do PP en Galicia e Estado e que levou aos gandeiros e gandeiras a saír a rúa ten que ter resposta o vindeiro 26 de xuño e despois no outono nas autonómicas, para ter un goberno de cambio que se poña dunha vez do lado dos gandeiros e gandeiras, que sente a negociar co sector, coas industrias e defenda de verdade o noso país e os nosos intereses”. E comprometeuse a facer dende En Marea “o que non se fixo ata agora e escoitar ao sector, o que non se pode permitir é que despois das mobilizacións históricas facerlles asinar un contrato que non foi máis que papel mollado. A proposta ten que ser cubrir demandas dos gandeiros en primeiro lugar, e no tocante aos prezos ten darse unha garantía clara de que non se vai pagar por debaixo de gastos de produción.”

Para ANTÓN SÁNCHEZ, vicevoceiro de AGE no Parlamento Galego, Feijóo destruiu o triple de emprego no sector primario dende que chegou comparado co resto do Estado. “Galicia perdeu 1 de cada 3 empregos no sector primario, 25.000 de 71.000 que habían cando chegou Feijóo, Un fracaso absoluto. Parece que o señor Feijóo quere facernos ver que isto é unha desgracia natural ou divina é é falso. A situación dos gandeiros e destrución de explotacións gandeiras nomeadamente en Galicia, xa que do total de explotacións que pechan no Estado o 70 por cento son galegas, é produto dunhas leis feitas a favor de uns e contra outros”. E defendeu novas políticas dirixidas a manter vivo o rural en Galicia. “Si é posible facer leis que defendan aos gandeiros, é posible reverter a situación facendo política para os gandeiros. Se consideramos que o sector gandeiro é estratéxico para que o rural galego teña futuro temos que apostar e lexislar a favor dos gandeiros que podan sobrevivir e deixar de estar do lado dos poderosos e poñerse do lados dos gandeiros como fai Feijóo. Que non tome a xente de parva, e despois de sete ano de políticas contra o rural, non veña agora a presumir de ruralidade, ese que preguntou nunha campaña electoral que porque as vacas tiñan nome de muller.”

A granxa de Esteban Xestoso, que con 26 anos xestiona unha explotación gandeira herdada de seus pais e na que traballou dende rapaz, é paradigmática do que está ocorrendo en miles de explotacións leiteiras repartidas por todo o país. Sometidas a un enorme endebedamento polo esforzo que tiveron que investir para modernizar as instalacións e ser competitivas, os prezos que a industria lles paga polo leite apenas chegan para cubrir os custes de produción.  “Calquera que viva no rural coñece de primeira man o sufrimento que están pasando os gandeiros e gandeiras do noso país, urxe poñer en marcha outras políticas diferentes das que están a matar ao noso país. Consideramos moi importante máis alá do que é da crise do sector como inflúe ao conxunto do país, e vémolo moi ben na Estrada onde a falla doutras alternativas de traballo condénanos á emigración. A crise do sector gandeiro as padecemos e as vemos no despoboamento do rural, envellecemento da poboación, os recortes dos servizos públicos no rural. Por iso é importante que En Marea en Madrid defenda os nosos intereses, impulse outras políticas e que a xente do rural poda vivir dun xeito digno do seu traballo”, defendeu MAR BLANCO CASAIS, voceira do Movemento Veciñal Estradense (MOVETE).

Para En Marea o sector agrario e gandeiro constitúe un alicerce estratéxico para Galicia onde sustentar o seu desenvolvemento económico e o das súas xentes. Non só o é pola súa capacidade de xerar ou distribuír riqueza e emprego, senón tamén pola capacidade que ten para fixar poboación en todos os territorios. Por iso, EN MAREA quere aplicar políticas activas para desenvolver un modelo baseado no sustentable, no próximo, e nunha nova dimensión da economía social. O novo modelo produtivo debe ter o obxectivo de garantir a soberanía alimentar. O seu principio básico é o dereito dos pobos a decidir sobre a súa política agraria por si mesmos, respectando o medio ambiente. Iso significa dar prioridade ás producións locais agrarias e á calidade da alimentación. E debe regular o acceso á tierra, ás semillas, á agua e aos recursos económicos.

Noticias de última hora en Vigo