En Marea reúnese coa EAPN para coñecer as demandas para os orzamentos do Estado

Publicado por o día 12/01/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea reúnese coa EAPN para coñecer as demandas para os orzamentos do Estado

A deputada de En Marea, Ángela Rodríguez – Pam, reuniuse este xoves coa EAPN Galicia, a Rede de loita contra a pobreza e exclusión social, para trasladar as súas demandas aos orzamentos do Estado.

“A desigualdade e a pobreza continúa a ser un problema estrutural en todo o Estado, polo que deben ser abordados nos orzamentos xerais”, asegurou a deputada.

Entre outras cuestións, a EAPN considera “primordial” que se recupere e financie a “atención sanitaria universal” e adicar máis recursos “a fomentar o emprego de calidade”.

Outra das cuestións importantes é a transversalidade das políticas sociais en todos os organismos e departamentos, porque unha persoa en risco “ten varias áreas afectadas”.

A EAPN tamén destacou a necesidade de destinar recursos á situación máis grave de vulnerabilidade, como é a das persoas sen fogar, dado que non hai ninguna estratexia clara neste eido.

“Outra tema fundamental é a reorganización do sistema de coidados, que inclúe igualdade de permisos de paternidade e maternidade intransferibles e pagados ao 100%, redución da xornada laboral, escolas infantís públicas de 0 a 3 anos ou dotar de orzamento a lei de dependencia, entre outras cuestións”, asegurou a deputada de En Marea.