En Marea reúnese con representantes de diferentes asociacións do sector pesqueiro

Nun encontro en Vigo os afectados do Long Hope e de ACERGA achegaron as súas inquedanzas
Publicado por o día 14/09/2016 na sección de Eleccións Galegas,En Marea,Vigo

En Marea reúnese con representantes de diferentes asociacións do sector pesqueiro

A sede da Marea de Vigo acolleu este mércores un encontro sectorial entre os representantes da candidatura de En Marea e responsables do sector pesqueiro do cerco e do marisqueo da Ría de Vigo, como Mulleres do Cerco, ACERGA e Armadores de Artes Menores.

Os representantes dos mariñeiros do Long Hope afectados polas xubilacións de Noruega manifestaron a situación de inxustiza que están a vivir por parte do goberno de Noruega que non están a pagar as xubilacións a este colectivo, que xa leva 7 anos de loita defendendo os seus dereitos como traballadores, un colectivo que se sente abandonado e despreciado polo goberno de Feijoo.

A candidata número 1 por Pontevedra, Carmen Santos, manifestou, a este respecto, que non habendo conflictos diplomáticos con Noruega, non se entende a postura dos diferentes gobernos do PP, tanto o do Estado como o da Xunta de Galicia non conseguiran aínda solucionar esta problemática, que afecta a 8000 familias galegas.

Os representantes de ACERGA, que tantos días permaneceron acampados diante da Xunta de Galicia para esixir un reparto xusto nas cotas de pesca, manifestaron o seu desexo que En Marea entre no próximo Goberno da Xunta de Galicia, para que poidan, non só coñecer realmente o alcance da súa problemática senón tamén buscarlle as solucións axeitadas. O sector do cerco vive nestes intres momentos agónicos que fan peligrar a economía de moitas familias, e para poder sobrevivir están repartindose os cupos asignados, que son escasos, entre os compañeiros. Denuncian que o reparto non é equitativo entre os diferentes barcos, asigando ás embarcacións máis grandes moita máis cota proporcional que aos pequenos armadores.

O candidato Juan Fajardo, bo coñecedor desta problemática polo traballo desenvolvido nos últimos catro anos no Parlamento de Galicia destacou que o mar é un sector tan importante na economía galega que son quen de “por e quitar presidentes”.  Fajardo destacou o compromiso de En Marea de renegociar o reparto de cotas con Europa, unhas negociacións nas que deben estar os representantes dos mariñeiros ao igual que os responsables políticos”. O candidato de En Marea sinalou que “a nosa formación defende un reparto diario igualitario, sobre todo naquelas artes que xeneren máis postos de traballo”.

A candidata Eva Solla sinalou, no mesmo sentido, que o sector do mar foi un dos máis dañados polas políticas de Alberto Núñez Feijoo, desoindo continuamente as reclamacións dun sector productivo básico para a economía galega, aprobando políticas de espaldas ao sector, sobre todo ao dos pequenos armadores, das mariscadoras e da xente que vive das nosas rías.