En Marea rexistra no Parlamento proxecto de lei LGTBI elaborado polos colectivos

O deputado Marcos Cal e a portavoz de Arelas, Cristina Palacios, fan un chamamento ao Partido Popular a aclarar se está do lado da igualdade e contra a discriminación ou do lado das “mensaxes do odio de Hazte Oír“.
Publicado por o día 05/05/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea rexistra no Parlamento proxecto de lei LGTBI elaborado polos colectivos

En Marea rexistrou esta mañá o proxecto da Lei galega de identidade de xénero no Parlamento de Galicia xunto co resto de grupos da oposición que rexistraron o mesmo texto elaborado polos distintos colectivos LGTBI de Galicia. No rexistro estiveron presentes tamén os distintos representantes das asociacións promotoras do texto que explicaron que estamos “nun día histórico“ para a igualdade real de todas as persoas e contra a discriminación destes colectivos. A portavoz da asociación de Familias de Menores Trans Arelas, Cristina Palacios, explicou que esta lei o único que persegue e acabar coa discriminación que sofren estes colectivos no seu día a día e en todos os ámbitos.

“O que ten que ser a Lei que represente a todo o colectivo LGTBI que busca otorgar dereitos básicos fundamentais que calquera outra persoa ten e que sen embargo os menores e adultos trans non teñen“ declarou a portavoz de Arelas.

O deputado de En Marea, Marcos Cal, afirmou así mesmo que chegou o momento de que o Partido Popular diga claramente de que lado se sitúa: do lado da igualdade e contra a discriminación ou do lado das mensaxes de odio de Hazte Oír“.