En Marea rexistra a petición para crear unha comisión de investigación do accidente de Angrois

“Queremos transparencia, que se coñeza a verdade sobre o caso, especialmente despois de que todos os ditames europeos poñan en cuestión a investigación da CIAF”, asegurou a deputada Alexandra Fernández.
Publicado por o día 27/04/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea rexistra a petición para crear unha comisión de investigación do accidente de Angrois

O grupo de En Marea no Congreso rexistrou unha proposta de creación de Comisión Parlamentar de Investigación para esclarecer as causas do accidente ferroviario do Alvia ocontecido en Angrois o 24 de xullo de 2013, no que faleceron 81 persoas e houbo numerosos feridos.

“Ante o bloqueo do Goberno En Marea presenta no Congreso a solicitude de Comisión de Investigación do Alvia xunto coa Plataforma Víctimas Alvia 04155”, asegurou a deputada Alexandra Fernández, que recordou as novedades sobre este tema nos últimos meses, motivo polo que se volta a rexistrar esta petición de comisión.

“Esas novedades foron síntomas da falta de investigación rigorosa. No verán de 2016, a Axencia Ferroviaria Europea emite un informe decindo que a investigación carecía de criterios de independencia e de falta de análise sobre a liña ferroviaria e a súa seguridade. Ademais, a principios de 2017, a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, logo de escoitar ás vítimas, conclúe que o Estados español debe abrir unha investigación independente e advirte de que non se cumpriu a directiva de seguridade ferroviaria”, denunciou a deputada, que destacou que todos os ditames europeos poñen en cuestión a investigación da CIAF polo que o Goberno ten que reaccionar e permitir unha investigación con rigor, como que a solicita o grupo de En Marea.

O obxectivo desta comisión será analizar e evaluar as causas do accidente ferroviario do Alvia en Angrois (Santiago de Compostela) acontecido o 24 de xullo de 2013.

“Deberase estudar con rigor todos os elementos relacionados co sistema de seguridade operativo no tramo do accidente da conexión Ourense-Santiago de Compostela e as decisións adoptadas respecto diso”, sinala a petición.

Ademais deberase analizar o estado da infraestrutura ferroviaria na conexión Ourense-Santiago e do material rodante antes do accidente e unha vez adoptadas as novas medidas a posteriori.

“É importante evaluar todas as decisións e os cambios producidos no proxecto de construción da liña ferroviaria de alta velocidade Ourense-Santiago”, aseguraron as vítimas na rolda de prensa que se fixo no Congreso dos Deputados.

Esta comisión deberá tamén examinar o estado das infraestruturas ferroviarias en Galiza co fin de detectar posibles deficiencias ou insuficiencias que poidan ser corrixidas mediante a adopción das correspondentes medidas así como estudar os distintos sistemas de seguridade implementados.

As vítimas e personas afectadas pediron ser escoitadas nesta comisión, para que se coñezan as súas impresións e as súas experiencias e visións.

“Queremos transparencia, que se coñeza a verdade sobre o caso. Hai unha dinámica escura por parte do Goberno que é a do bloqueo para que non se faga xustiza”, insistiu a deputada Alexandra Fernández.