En Marea rexistrará a petición de Grupo Parlamentario propio este martes no Congreso

Publicado por o día 25/07/2016 na sección de En Marea,Política

En Marea rexistrará a petición de Grupo Parlamentario propio este martes no Congreso

En Marea presentará este martes a solicitude de Grupo Parlamentario galego no Congreso dos Deputados, perante o contexto de conformación da nova lexislatura e do novo periodo de sesións que dá inicio.

No hipotético caso de que se dea unha negativa da Mesa á lexítima esixencia de contar cun grupo parlamentario galego, En Marea anuncia o seu compromiso de desenvolver as medidas legais oportunas para que esta demanda democraticamente gañada, poida ter curso.

Nese caso, e no marco do diálogo e da alianza fraterna compartida con En Comú Podem e con Unidos Podemos e do compromiso coa unidade popular e cidadá, En Marea exercerá a interlocución e diálogo necesario de cara a ter un instrumento que defenda a cidadanía galega e manteña as características dun grupo parlamentario propio, a través da unidade coas confluencias do conxunto do Estado.