En Marea solicita a comparecencia do ministro de Xustiza por casos como o de Juana Rivas

Publicado por o día 29/08/2017 na sección de En Marea,Política

En Marea solicita a comparecencia do ministro de Xustiza por casos como o de Juana Rivas

A deputada de En Marea, Ángela Rodríguez-Pam, solicitou xunto a varias deputadas do grupo confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, a comparecencia do ministro de Xustiza, Rafael Catalá, polo caso de Juana Rivas.

O obxectivo é que explique “os motivos de inacción da fiscalía en casos de peligro potencial grave para menores de idade”.

“Dende o 2015 a lexislaxión recolle que o interese do menor ten que primar sempre. O caso de Juana e os seus fillos é terrible, pero non o único”, sinala a parlamentar de En Marea.

A deputada insiste en que “precisamos perspectiva de xénero tamén na xustiza para que as posibles interpretacións das leis non vaian contra as mulleres maltratadas nin contra os seus fillos e fillas”.