En Marea solicita a comparecencia do presidente de Navantia no Congreso para que aclare o plan de futuro para a empresa

A deputada de En Marea Yolanda Díaz solicita a comparecencia do presidente de Navantia, José Manuel Revuelta Lapique, na comisión de Industria do Congreso dos Deputados.
Publicado por o día 07/04/2016 na sección de En Marea,Política

En Marea solicita a comparecencia do presidente de Navantia no Congreso para que aclare o plan de futuro para a empresa

“Logo das últimas informacións relativas ao estado económico da empresa pública Navantia, dende En Marea queremos que o señor Revuelta informe das xestións que está levando a cabo para garantir a viabilidade da empresa e do seu plantel de traballadores”, sinala Yolanda Díaz.

Ademais, En Marea, que hai tres semanas xa presentou no Congreso unha Proposición Non de Lei requerindo un plan industrial de futuro para os estaleiros de Navantia-Ferrol e Navantia-Fene con propostas específicas como ampliar e renovar os planteis de traballadores e a construción dun dique que permita abrir novos mercados de negocio, tamén lle pide ao presidente de Navantia que aclare cal é o Plan Industrial que a empresa pública ten pensado implementar a partir de agora.

PRENSA EN MAREA