A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou hoxe en rolda de prensa en Santiago varias iniciativas relacionadas coa exclusión do Corredor Cantábrico da Rede Transeuropea de Transporte e a necesidade de que o Ministro de Fomento explique con transparencia todo o relacionado coas conexión de corredores.
Alexandra Fernández solicitou a comparecencia de Íñigo de la Serna para que aclare as xestións que está a facer perante a UE para incluir os itinerarios e portos do noroeste coa Rede Transeuropea de Transporte e os prazos estabelecidos para que Galiza non fique excluida das principais conexións.
O potencial do Corredor Cantábrico
Neste sentido, pón sobre a mesa a importanza de conectar en liña, através cun Corredor Cantábrico e Atlántico, todos os portos da cornisa cantábrica. Critica a actual plantificación e estruturación de denominado Corredor Atlántico que ten como único obxectivo a conexión cos portos portugueses e non unha auténtica conexión do arco atlántico. “Abandónase a posibilidade de conectar áreas tan importantes como Vigo, A Coruña, Ferrol ou Xixón, xa non só cara centro Europa senón que ademáis puidesen operar para a interconectividade de toda a cornisa atlántica”.
Critica a exclusión das principais redes de transporte dos portos galegos que “teñen unha ubicación estratéxica cun enorme potencial pois supoñen o lugar no que cruzan o tránsito de mercadorías do atlántico suamdo a que supoñen moita menor distanza de conexión con Europa”.
Para Alexandra Ferández “o modelo radial no que insiste a Xunta é un boicot a esta posición xeoestratéxica que cumpre Galiza. Ademáis, o modelo radial establece unha relación bidireccional centro-periferia desde os portos galegos cara a meseta o que convirte aos portos en meras portas de entrada, en detrimento dunha relación multilateral que conectase en liña os portos portugueses, galegos, asturianos, cantábricos e vascos de forma que puidese xerar novas dinámicas socioeconómicas”.
Noticias de última hora en Vigo