En Marea solicita a comparecencia de Tejerina para que informe das medidas urxentes para frear a praga da pataca

Alexandra Fernández presentou tamén unha iniciativa parlamentar para saber se o Ministerio localizou a orixe da introdución da polilla guatemalteca. “Non cre que se produciron fallos de control e inspección? Como se explica a súa introducción?.
Publicado por o día 08/02/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea solicita a comparecencia de Tejerina  para que informe das medidas urxentes para frear a praga da pataca

En Marea ven de solicitar a comparecencia da Ministra de Agricultura no Congreso para que informe canto antes das medidas de carácter urxente a aplicar para frear a extensión da praga de pataca ou polilla guatemalteca que xa afectou a 31 concellos galegos de Ferrolterra e de A Mariña, así como algún de Asturias.

“Houbo fallos no mecanismo de control e inspección da semente?”

Ademáis, quere que a Ministra explique cal foi a orixe da introducción da semente infectada.

“É preciso preguntarse se fallaron os mecanismos de control, inspección e vixianza, nos que a Administración central ten competencias. Temos que saber cómo foi posíbel que este tipo de semente infectada chegase a Galiza. É evidente que houbo fallos na cadea de control e inspección. Non cre o Goberno que se produciron fallos de inspección? Como se explica a súa introdución?”.

Neste sentido, a deputada de En Marea, Alexandra Fernández, considera que se esta a reaccionar tarde a este grave problema que afecta a un cultivo importante en Galiza, onde contamos con Indicación Xeográfica Protexida. Lembra que foi en novembro de 2015 cando o Diario Oficial de Galiza publicaba unha resolución da Consellaría de Medio Rural pola que declaraba a presenza da praga en Ferrol, Neda e Narón.

Medidas urxentes
Desde o 2015 “en lugar de parala praga, estendeuse e agora nos atopamos con 31 concellos e Ferrolterra e de A Mariña afectados”. Alexandra Fernández advirte ao Ministerio da necesidade de axilizar o real decreto que está a elaborar, que “debe partir do diálogo coa Xunta e co Principado, cos afectados, expertos e sindicatos agrarios”.

A En Marea “preocúpanos enormemente este problema porque o sector da pataca ten unha grande importancia en comarcas comercializadoras. Débese parar a praga canto antes porque medra a inquedanza nas zonas produtoras e comercializadoras do tubérculo”. Consideramos que o problema reviste a suficiente gravedade como para que a titular de Agricultura acuda á Cámara a dar toda a información precisa e a explicar se se van axilizar as medidas a adoptar. Asemade, salienta a importanza de dar detallada e cumprida información aos labregos para actuar canto antes no caso da aparición da polilla guatemalteca.

A deputada de En Marea dirixe ao mestmo tempo unha batería de preguntas ao Goberno sobre este tema, e tamén quer saber se se van aprobar axudas e indemnizacións para os labregos afectados. “Que disposición ten o  Goberno a actuar coa maior celeridade para paralizar, en coordenación coa Xunta e os concellos afectadaos, a extensión desta praga?”.