En Marea solicita modificar a Lei de Violencia de Xénero no aniversario do 7N

Ángela Rodríguez sinala, no aniversario do 7N, que é urxente traballar para atopar novas formas de loita para rematar coa violencia machista.
Publicado por o día 07/11/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea solicita modificar a Lei de Violencia de Xénero no aniversario do 7N

En Marea presenta no Congreso dos Deputados, coincidindo co primeiro aniversario do 7N, a petición de creación dunha Comisión de Estudio sobre o incumprimento dos obxectivos de desarrollo sostible de fenda salarial de xénero e violencia de xénero segundo o informe de Oxfam Intermon “Un ano de axenda 2030 en España, moito por facer”.

Esta iniciativa súmase á Proposición non de Lei debatida e aprobada por unanimidade na Comisión de Igualdade da Cámara Baixa en datas recentes, instando ao Goberno a que proceda á reforma da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. A este respecto a Deputada de En Marea, Ángela Rodríguez, destaca que “o consenso acadado por todos os grupos parlamentarios marca un novo espazo de debate político no que todos coinciden na necesidade de evaluar e ampliar esta lei”.

A vicepresidenta desta Comisión e deputada de En Marea, Ángela Rodríguez, destacou a importancia de incluir no novo texto todas as formas de violencia machista xa recollidas no Convenio de Estambul, o tratado internacional de maior alcance en materia de violencia contra a muller e a violencia doméstica, que establece unha tolerancia cero con respecto á violencia cara a muller.

A pesares de que España ratificou este convenio no ano 2014, non se recolle na nosa lei, como sinala Ángela Rodríguez, “aspectos fundamentais como a violencia sexual, o matrimonio forzoso ou a mutilización xenital feminina, e en xeral, todas aquelas formas de violencia que non se dan no ámbito da parella ou exparella”. A deputada de En Marea falaba dun caso recente, o sucedido nas festas de Sanfermín deste ano, no que se denunciaron varias violacións, “pois neste caso concreto a nosa lei non recolle que este tipo de actos se poidan considerar violencia machista, cando é algo que a sociedade está reclamando a diario, tanto na rúa como nas institucións”.

Esta iniciativa complétase coa petición de creación da Comisión de Estudio que sinalabamos ao comezo da nota. A este respecto, a deputada de En Marea e portavoz adxunta do Grupo Palamentario Confederal UP-EC-EM na Comisión de Igualdade, “pasaron xa 18 meses desde que España se sumou con outros 193 Estados aos 17 obxectivos da Axenda de Desenvolvemento Sostible 2030 e o noso goberno, segundo os últimos informes internacionais segue a suspender en todas as categorías que se comprometeu a afrontar”. De feito, continúa Ángela Rodríguez, “parece inxustificable que os datos sobre víctimas mortais de violencia machista sexan dun 21,7% en 2015, e que non se teñan posto en marcha políticas públicas para acadar o obxectivo de menos do 10%n en 2020, que foi ao que se comprometera o goberno do PP”.

En Marea denuncia, unha vez máis, que foi ese mesmo goberno o que recortou nun 22% en prevención da violencia machista, que pecha centros de acollida, que forzou o peche da oficina da ONU Mulleres en España e, en definitiva, que coas súas políticas deixou ás mulleres en situación de dependencia económica cara as súas parellas e, por iso vulnerables ante casos de violencia.

Por iso, o día de hoxe, 7 de novembro, convértese nun emblema na loita contra a violencia machista, nunha data sinalada para o feminismo. Como sinalou Ángela Rodriguez, “hoxe celebramos o primeiro aniversario da gran manifestación do 7N, que encabezaron os movementos feministas dos que nós temos o orgullo de formar parte desde hai moitos anos, para denunciar as violencias machistas e o machismo en xeral, unha das grandes lacras da nosa sociedade, unha manifestación que demostrou que a cidadanía vai moi por diante das institucións e dos gobernos do PP á hora de defender os dereitos das mulleres”.

Sentencia a deputada de En Marea que é urxente traballar para atopar novas ferramentas e novas formas de loita para rematar con todas as formas de violencia que hoxe atopamos na sociedade, e por iso hoxe lembramos de xeito especial que “Non é Non” e que “Nin unha menos”.