En Marea solicita no Congreso a devolución do Pazo de Meirás para uso e disfrute da cidadanía galega

Publicado por o día 03/08/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea solicita no Congreso a devolución do Pazo de Meirás para uso e disfrute da cidadanía galega

O grupo parlamentario de En Marea no Congreso, conxuntamente con Izquierda Unida, rexistrará unha Proposición non de Lei no Congreso dos Deputados instando ao Goberno de Mariano Rajoy a proceder á devolución o Pazo de Meirás ao pobo de Sada para o uso e disfrute deste inmoble, declarado Ben de Interese Cultural.

Asimesmo, En Marea segue a esixir que se cumpra a Lei de Fundacións e se ilegalicen aquelas que se adican a venerar e exaltar, destacar ou premiar a figuras que teñen que ver co franquismo, como a Fundación Francisco Franco”. Cabe lembrar que o Congreso dos Deputados xa aprobou en febreiro unha iniciativa de En Marea que instaba ao Goberno a solicitar unha investigación por parte do Protectorado de Fundacións das actividades presuntamente ilícitas realizadas pola Fundación Francisco Franco, unha Proposición non de Lei que saiu adiante co voto a favor da maioría dos grupos parlamentarios con representación na Cámara Baixa, e que contou cos votos en contra do PP e a abstención de Ciudadanos.

En Marea fundamenta a necesidade desta ilegalización da Fundación Francisco Franco, xa que “non ten sentido a existencia dunha Fundación que venera a un fascista que combateu a democracia”, polo que non ten ningún fundamento que siga a recibir diñeiro público para promover ideas contrarias aos dereitos e as liberdades, e sigua a incumplir a Lei de Memoria Histórica. É lamentable que un réxime dictatorial que cimentou a súa organización civil e económica no asesinato de persoas que defendía o réxime constitucional e no que saqueo das víctimas e das súa familias, xerando un estado corrupto e criminal, cuxas consecuencias aínda se arrastran ata o día de hoxe siga a recibir o apoio e o beneplácito de Gobernos do PP para seguir coas súas actividades, algunas declaradas “ilegais” conforme á lexislación actualmente en vigor.

Finalmente, En Marea tamén vai solicitar no Congreso a comparecencia do Ministro de Educación e Cultural, Íñigo Méndez de Vigo, xa que é o máximo responsable sobre patrimonio histórico, para que explique por qué razóns a Fundación Francisco Franco segue a ser quen xestiona as visitas ao Pazo de Meirás, e qué medidas vai adoptar o Goberno en relación as declaracións que a citada institución fixo estes días, e que sí son apoloxía do fascismo, algo que debería investigar a Fiscalía.