En Marea solicita a revisión da concesión da AP-9

Os candidatos pola provincia de Pontevedra remarcaron que “xa se ten pagado con creces o custe desta autoestrada e da propia ampliación”.
Publicado por o día 17/09/2016 na sección de Eleccións Galegas,En Marea,Vigo

En Marea solicita a revisión da concesión da AP-9

Hoxe ás 10.30, os candidatos da lista de En Marea pola provincia de Pontevedra, Eva Solla, Juan Merlo e Paula Quinteiro participaron nunha rolda de prensa na autoestrada AP9 en Chapela (Redondela), para reclamar a transferencia da titularidade desta infraestructura á Xunta de Galicia.

Eva Solla, deputada no Parlamento galego na pasada lexislatura e número 3 da lista, refirmou o compromiso de En Marea coa reversión da concesión da AP9  e solicitou o traspaso de competencias á Xunta, posto que ” xa se ten pagado con creces o custe da autoestrada e da propia ampliación, Audasa incrementou os seus beneficios un 2% o último ano e as galegas e galegos estamos a pagar dobremente coas elevadas peaxes os beneficios desta empresa que non repercuten no mantemento nin na mellora das infrestruturas. “”Estamos en risco de que un grupo empresarial compre o que xa debería ser de todas e todos”, concluiu.

Pola súa banda, Juan Merlo, número 2 de dita candidatura, remarcou “os problemas de ruídos que sofren os veciños ante a falta de proteccións acústicas” así coma o problema de accesos.

“Hai outros modelos de xestión do transporte, precisamos unha rede de transporte público, sostible e eficiente para vertebrar o territorio”, remarcou Paula Quinteiro, número 5 da lista, quen tamén criticou a situación na que se atopa a AP9, que xestiona en concesión ata 2048 unha empresa, Audasa, que está a preparar a súa venda.

Ao remate da rolda de prensa, os candidatos visitaron as obras de ampliación da autoestrada.