En Marea solicita a Tejerina información sobre a xunta entre a UE e Mauritania para as posibilidades de pesca dos cefalopodos

Alexandra Fernández e Antón Gómez-Reino consideran importante que a Ministra de Agricultura e Pesca explique que se acordou na ronda negociadora celebrada esta semana en Mauritania e cales son os beneficios para a frota galega.
Publicado por o día 18/11/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea solicita a Tejerina información sobre a xunta entre a UE e Mauritania para as posibilidades de pesca dos cefalopodos

A portavoz de En Marea, Alexandra Fernández, e o deputado Antón Gómez-Reino, presentaron unha batería de preguntas dirixidas á Ministra de Pesca, Isabel García Tejerina, para que aporte información en relación á xunta celebrada esta semana en Nuakchot entre a UE e Mauritania en relación ao Convenio de Pesca.

Antón Gómez Reino e Alexandra Fernández queren saber en concreto se nesta última ronda da Comisión Mixta se acordaron novas posibilidades de pesca para a frota cefalopodeira galega, e en concreto, coñecer as condicións requeridas, cantos barcos van poder beneficiarse e con que cota van poder contar. Ademáis, queren que a titular de Pesca explique si se abordaron outras demandas do sector como a revisión das elevadas taxas de desembarco que afectan a barcos palangreiros e arrastreiros de fresco.

Asemade, preguntan á Ministra se enriba da mesa estiveron tamén as queixas polas esperas de case unha semana de barcos pesqueiros en portos de Mauritania até lograren as preceptivas aprobacións que lles permitan saír a faenar ou partir a coutras caladoiros.

Sinalan que do desenlace da Comisión Mixta celebrada en Mauritania esta semana, non  trascendeu información detallada. Unicamente se publicou que seis cefalopodeiros poderán voltar ao caladoiro mauritano grazas á nova categoría acordada, segundo a cal, habería seis licenzas de pesca para barcos cefalopodeiros que poderían pescar unhas 3.500 toneladas de pescada, 1.400 de calamar e 600 de choco ou sepia”.

“Dada a importanza deste caladoiro para a pesca galega, consideramos necesario que a Ministra aporte a debida información, especialmente das condicións. Debe concretar en que consiste o acordo”, opinan os deputados.

Lembran que os barcos cefalopodeiros galegos que tradicionalmente faenaban en augas mauritanas, foron excluidos do caladoiro en 2012. “Desde entón, as embarcacións cefalopodeiras galegas non puideron beneficiarse de nngunha das licenzas de pesca. Unha exclusión que causou un grande malestar porque consideraron que se trataban dunha decisión discriminatoria e que obedecía a outros intereses comerciais de Mauritania, consistentes en beneficiar os intereses pesqueiros de China”.

No Convenio acadado en 2015, os cefalopodeiros voltaron a quedar fóra. O estado español obtivo 50 licenzas de pesca pero ningunha para os cefalopodeiros galegos. No ano 2012 a frota cefalopodeira compoñíase de 20 barcos, e agora quedou en 13. Segundo as noticias, poderían voltar 6 barcos a Mauritania pero de forma moi limitada.

Parecería que por fin se aceptou a proposta de que os cefalopodeiros puidesen reconvertirse en arrastreiros conxeladores de especies demersais. É dicer, pescar outras especies e diversificar a súa actividade