En Marea solicitará levar ao Parlamento a tramitación do decreto de inclusión social nun pleno extraordinario

O voceiro de En Marea considerou urxente desenvolver este documento que “leva xa demasiado tempo paralizado mentres milleiros de persoas no noso país continúan a sufrir por non poder acceder as axudas”.
📣 Publicado por el 17/07/2017 en la sección de En Marea - Galicia - Política

En Marea solicitará levar ao Parlamento a tramitación do decreto de inclusión social nun pleno extraordinario

En Marea solicitará na Deputación permanente a celebración dun pleno extraordinario para tratar o decreto de inclusión social que leva demasiado tempo paralizado mentres milleiros de persoas no noso país continúan a sufrir. En Marea considera polo tanto urxente que o Parlamento de Galicia trate o desenvolvemento do decreto da RISGA. “Se algo xustifica a convocatoria dun pleno extraordinario no verán é a preocupación polas persoas máis desfavorecidas” salientou o voceiro de En Marea, Luís Villares.

Apoio á petición de comparecencia para falar da AP-9

En Marea amosou o seu apoio á petición anunciada polo resto de grupos da oposición no Parlamento para que se inclúa neste pleno a comparecencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para dar conta da súa xestión no tema da petición de transferencia da AP-9.

O voceiro valorou as últimas declaracións do presidente da Xunta como “escusas de quen non é capaz de convencer aos seus propios compañeiros da necesidade de respectar a decisión unánime do Parlamento galego”. Quedou en evidencia incapacidade de Feijóo para facer valer a vontade do pobo galego que pide que a AP-9 sexa transferida como primeiro paso e posteriormente, rescatada para o público como defende En Marea.