En Marea solidarízase coa familia do traballador falecido hoxe en Navantia e reclama máis medidas contra a sinistralidade laboral

Publicado por o día 19/05/2016 na sección de En Marea,Naval,Política

En Marea solidarízase coa familia do traballador falecido hoxe en Navantia e reclama máis medidas contra a sinistralidade laboral

Perante a tráxica noticia da morte dun traballador dunha subcontrata de Navantia Fene ao caer dunha altura de 5 metros mentres reparaba un barco, En Marea quere expresar toda a súa solidaridade coa familia e cos compañeiros e compañeiras da vítima e anuncia que seguirá traballando políticamente para evitar máis mortes en accidente laboral no noso país.

En Marea, que o pasado 26 de abril trasladou ao Congreso unha proposición non de lei para que o Goberno incremente os recursos públicos destinados á Prevención de Riscos Laborais e reforce o plantel de inspectores e inspectoras de traballo, seguirá comprometida durante a vindeira lexislatura en loitar contra as causas que propician este tipo de sinistros para que ningunha persoa máis morra no seu posto de traballo.

Para En Marea é grave que non se executen sancións ás empresas que incumpren a normativa en Seguridade Laboral e alerta dun repunte grave deste tipo de accidentes con máis de 500 mortos en 2015, que evidencian as laxitude da lexislación española nesta materia.

Durante a pasada lexislatura En Marea tamén instou ao Goberno a que acometa unha actuación integrada para a industria auxiliar de Navantia, incorporando ao convenio a relación con estas industrias e evitando a precarización dos traballadores e traballadoras destas empresas.

PRENSA EN MAREA