Marea sostén que a ampliación do túnel da porta do sol nunha nova licitación é improvisada e pide repensar o proxecto de peonalización do centro histórico

“Que se licitase ata Elduayen nun contrato e agora se pretenda redactar un novo proxecto e licitar ata o final do Paseo de Alfonso é cando menos unha evidente improvisación porque tería afección na mobilidade da cidade e sería unha emenda evidente ao proxecto do túnel anteriormente licitado” explica Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.
Publicado por o día 13/02/2020 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea sostén que a ampliación do túnel da porta do sol nunha nova licitación é improvisada e pide repensar o proxecto de peonalización do centro histórico

“Mentres a convocatoria dos FONDOS DUSI non estea resolta polo órgano que tramita (que non é a UE senón o Ministerio de Facenda), o proxecto pode ser perfectamente repensado, – explica Pérez – e os fondos adaptados, xa que a solicitude realizada polo Concello para asignar estes fondos simplemente di que como obxectivo principal se llevará a cabo la reordenación y la regulación del espacio viario de superficie para potenciar la movilidad peatonal, conservando un carácter totalmente peatonal entre las bocas, de forma que se integre todo el corredor dentro del área peatonal del centro histórico, con circulación restringida, y constituyendo un área de preferencia peatonal. Se completará la pavimentación de todo el ámbito de actuación, dignificándolo con equipamiento y mobiliario urbano”.

Para Marea de Vigo, a non execución do túnel e a asignación de recursos dos fondos DUSI para estratexias de mobilidade que eviten o tráfico de vehículos no centro é perfectamente compatible coa solicitude de fondos tramitada xa polo concello para estas e outras operacións. “Evidentemente non están asignados no Parlamento Europeo ao ser a última convocatoria en 2016 e a que previsiblemente a seguinte que se abrirá será a partir de 2020. Hai tempo para repensar alternativas de mobilidade sostible” destaca o voceiro.

“Non podemos estar situados na cerrazón do Concello a estudar alternativas que non pasen polo tráfico rodado, xa sexa en superficie ou túnel, polo centro histórico” . Estas alternativas, segundo a Marea de Vigo, pasarían pola construción de aparcadoiros disuasorios en varios espazos da cidade, coma nos terreos de ADIF no nó de issac Peral, nos espazos en desuso na contorna do Auditorio Mar de Vigo, desafeccións portuarias ou mesmo solares abandonados existentes. Estes terreos serían adquiridos polo concello e acondicionados como aparcadoiros disuasorios, coas dotacións viarias necesarias que eviten o acceso do vehículo particular.

Marea de Vigo, que xa puxo obxeccións á licitación do túnel na mesa de contratación, seguirá a demandar a paralización da obra e o traballo en alternativas de consenso que prioricen a mobilidade sostible e o transporte público adaptado á realidade do centro histórico da cidade.