En Marea súmase ás concentracións contra o anteproxecto de Lei de saúde e esixe á Xunta de Galicia a súa retirada

A viceportavoz de En Marea no Parlamento, Carmen Santos, asegurou que “non hai nada máis ruín que facer negocio coa saúde da xente como pretende o Partido Popular”.
Publicado por o día 30/08/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política,Sanidad

En Marea súmase ás concentracións contra o anteproxecto de Lei de saúde e esixe á Xunta de Galicia a súa retirada

En Marea participou hoxe nas distintas concentracións convocadas contra o anteproxecto de Lei de saúde coa que o Partido Popular pretende impor un novo ataque ao sistema sanitario público do noso país. A viceportavoz de En Marea no Parlamento, Carmen Santos, manifestou na concentración diante do Hospital comarcal de Vilagarcia, o total apoio do seu grupo á estas mobilizacións e todas as que se leven a cabo e animou á cidadanía a se sumar a esta loita “porque sabemos o que é para leis ao PP, a xente xa ten demostrado noutras ocasións que é posible”.

“Estamos ante unha nova agresión do goberno Feijóo á sanidade pública e un novo recorte aos dereitos da cidadanía” declarou Carmen Santos que asegurou que “non hai nada máis ruín que facer negocio coa saúde da xente como busca o Partido Popular”.

O PP continúa a abrir portas ás empresas privadas para que saquen cartos coa saúde da xente sen que ao PP lle importe poñer en risco algo tan delicado como a saúde e a vida das persoas. Todo por facer negocio.

Desde En Marea continuarán a apoiar a loita contra este anteproxecto de Lei de saúde que o PP presentou aproveitando o parón de agosto amosando unha vez máis a súa actitude escurantista e premeditada. O grupo parlamentario volve a esixir a retirada inmediata deste texto, un berro que hoxe escoitouse tamén diante de moitos dos centros de saúde e hospitais do noso país.

A viceportavoz no Parlamento, Carmen Santos, e o deputado Marcos Cal estiveron presentes na concentración convocada diante do Hospital comarcal de Vilagarcía. O deputado Davide Rodríguez pola súa banda acudiu á convocada en Manzaneda.