En Marea trasladou aos traballadores de Alcoa seu compromiso co sector industrial

Dende En Marea pretenden “acabar coa situación de deserto industrial á que o PP levou ao noso país”
Publicado por o día 14/09/2016 na sección de A Coruña,Eleccións Galegas,En Marea

En Marea trasladou aos traballadores de Alcoa seu compromiso co sector industrial

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, e a candidatura da Coruña mantiveron esta mañá un encontro cos representantes dos traballadores de Alcoa na Coruña tras o que En Marea reclamou ao Goberno que saque adiante de xeito inmediato a poxa enerxética que precisa a empresa e que se vinculen as subvencións ao mantemento dos postos de traballo

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, e membros da candidatura pola Coruña reuníronse esta mañá cos representantes dos traballadores de Alcoa na Coruña para coñecer de primeira man a situación na que se atopan e cales son as súas demandas.

No encontro os representantes dos traballadores destacaron a desinformación e a falla de expectativas na fábrica coruñesa para solucionar a situación. Denunciaron a falla de información por parte da empresa nin o goberno galego así como a actitude do presidente en funcións da Xunta e candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, negándose a recibir e escoitar aos traballadores de Alcoa durante todos estes anos de goberno. Os traballadores pregúntanse quen se está a favorecer desta situación xa que non entenden como as alturas do ano nas que estamos aínda non se dese solución nin se fale de como se vai solucionar, nin se teña información sobre a poxa que tal e como sinalaron non é unha solución que consideren a máis adecuada pero que polo momento non deron tampouco outra alternativa. “Están a facer política con nós e coa súa falla de acción están a provocar o deserto industrial na comarca da Coruña“ denunciaron os representantes dos traballadores durante a xuntanza.

Unha planta competitiva como a da Coruña como sinalaron os propios traballadores e que “a empresa ten o obxectivo de pechar despois de ter investidos os cartos públicos recibidos a través das subvencións, en abrir fábricas noutros países como Arabia Saudí ou Islandia“.

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea reclamou que “saque dunha vez por todas a poxa para que a empresa poda facer a planificación orzamentaria“ e cuestionou unha tardanza inxustificada que está a provocar unha situación de total incerteza aos traballadores das fábricas de Coruña e San Cibrao.

“Non se entenden que motivos espurios hai de fondo para que non se sacara xa a poxa e máis vendo o áxil que resulta o goberno para determinadas cuestións fronte a outras nas que parece non ter o mesmo interese en dar solución“ denunciou Villares.

En Marea destacou o seu compromiso a vincular calquer tipo de subvención para as empresas ao obrigado mantemento dos postos de traballo así como a desenrolar políticas industriais orientadas aos clusters industriais do noso país cunha clara aposta polo investimento en innovación, e lograr un sector auxiliar competitivo, cuestións que o candidato á presidencia da Xunta destacou como prioridades do futuro goberno de En Marea a partires do día 25 de setembro.

O cabeza de lista pola Coruña, Antón Sánchez, salientou no encontro cos representantes dos traballadores de Alcoa na Coruña a necesidade de mudar o sistema de poxa e que os aportes económicos que se están a facer desde a administración pública veñan acompañados da obriga por parte das empresas de cumprir coas contraprestacións tanto en materia de mantemento de postos de traballo como noutro tipo de cuestións como medio ambientais. “Non se pode permitir que se sigan a entregar cartos públicos a empresas cuxo obxectivo real pasa por descapitalizar as fábricas en Galicia para montar novas fábricas en países nos que a man de obra e a enerxía é máis barata“ declarou Sánchez.

Decreto de garantías sociais mínimas  que garanta vivienda, alimentos e enerxía

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea, Luís Villares, participou a primeira hora da mañá no almorzo electoral organizado pola Asociación da prensa da Coruña no que salientou como obxectivo prioritario de En Marea facer efectivos os dereitos fundamentais como o dereito á vivenda ou a un salario digno. Villares acusou ao goberno do PP de obviar durante todos estes anos dereitos que están declarados na propia Constitución pero que se están a incumprir. Como xuíz explicou a frustración que sentiu ao ver como desde os poderes públicos se atacaban diariamente os dereitos da cidadanía o que lle levou a tomar a decisión de dar un paso máis para levar a cabo una “revolución sistémica“ para lograr mudar as leis e acabar coa situación de inxustiza actual que está a padecer a maioría social do noso país.

“O goberno do PP presumiu de cumprir o déficit pero fíxose causando moitísimo sufrimento á moita xente, chegando a ter altos cargos da Xunta por prevaricación e homicidio imprudente por deixar morrer dúas persoas por non darlle o tratamento a tempo ou denegando prestacións de axuda á dependencia co único obxectivo de dilatar o seu pago e obrigando aos usuarios a ter que acudir á Xustiza a reclamar algo que por dereito lles correspondía“ explicou Villares. “ O PP goberna de costas á xente“ sentenciou o candidato á presidencia da Xunta.

A preguntas dos xornalistas convidados ao acto, Luís Villares sinalou como primeira medida a levar á práctica do goberno de En Marea a partir do 25 de setembro e tendo en conta que imos cara ao inverno, impulsar un Decreto de garantías sociais mínimas que garanta vivenda, alimentos e enerxía para persoas. “Temos segundo datos oficiais 39 desafiuzamentos ao mes no noso país, non podemos camiñar cara ao inverno e ter persoas que non teñan un teito e enerxía. Temos que  garantir que ningunha familia quede sen acceso á enerxía por non poder facer fronte ao pago da factura“ defendeu Villares. Unha vez adoptada esta medida urxente tendo en conta que o inverno está xa as portas, En Marea impulsará outras medidas tamén urxentes e necesarias no ámbito educativo, sanitario ou laboral entre outros moitos para camiñar na construción dun país máis xusto que non deixe a ninguén atrás.

En Marea defende así mesmo a necesidade de pular por outro tipo de fiscalidade e actuar dentro da capacidade impositiva do Goberno galego. Así nomeou a fiscalidade das grandes superficies que defendeu debería ser máis algo, ou a recuperación do imposto de patrimonio baixándoo aos 500.000 euros e non a partir do millón de euros como está marcado na actualidade, xa que resulta un tramo demasiado elevado de exención. O establecemento dunha carga fiscal progresiva e non lineal e outro dos compromisos de En Marea co obxectivo de conseguir unha sistema fiscal realmente xusto.