En Marea velará por que o Goberno cumpra os compromisos asumidos por Dastis con ‘Long Hope’

A senadora galega de En Marea, Vanessa Angustia, interpelou na sesión plenaria de onte ao Ministro de Exteriores, Alfonso Dastis, sobre a situación dos 12.000 ex mariñeiros, a maioría galegos, representados pola asociación ‘Long Hope’, que reclaman ao goberno de Noruega as prestaciones asociadas ao traballo que realizaron desde 1948 ata 1994 en buques con bandeira noruega.
Publicado por o día 08/02/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea velará por que o Goberno cumpra os compromisos asumidos por Dastis con ‘Long Hope’

Onte Dastis comprometeuse a abordar a cuestión despois dun primeiro encontro informal entre o propio ministro, a senadora de En Marea e dous integrantes da asociación ‘Long Hope’ no que se ratificaron os 4 compromisos asumidos previamente:

-O ministro comprometeuse a manter unha xuntanza formal co colectivo e a establecer unha canle de comunicación permanente.

-Dastis comprometeuse a que o ministerio que encabeza de resposta oficial ao informe xurídico que xa foi presentado ao Goberno.

-O ministro tamén asumiu a necesidade de abrir unha vía diplomática con Noruega para buscar unha solución dialogada.

-Para rematar, Alfonso Dastis tamén asumiu o compromiso de apoiar xurídicamente unha futura demanda ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, no caso de que a vista xudicial que se inicia o próximo abril en Oslo non teña un resultado favorable para os ex mariños galegos.

Tendo en conta a situación de desprotección social que padecen os afectados, Vanessa Angustia manifestou que “esperamos que esta vez, o compromiso do Goberno sexa real e definitivo e que por fin este problema que afecta a 12.000 ex mariños esté en vías de solución”.

En Marea presentará na próxima sesión plenaria unha moción que, como consecuencia da interpelación suscitada ao Ministro de Exteriores no día de onte, estableza e defina os compromisos que o Goberno de España debe asumir para cos ex mariñeiros da asociación ‘Long Hope’.

“Esperamos que todos os grupos parlamentarios teñan a responsabilidade de Estado necesaria para defender os dereitos dos nosos traballadores e traballadoras”, manifestou a senadora.