Marea de Vigo afirma que Concello oculta a sentenza do IBI para que se perda o dereito de reclamar

Publicado por o día 05/10/2017 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo afirma que Concello oculta a sentenza do IBI para que se perda o dereito de reclamar

Marea de Vigo lémbralle ademais ao Alcalde, que “non falamos do IBI rústico actualmente catalogado así e que efectivamente non supón moito importe na recadación, senón das centos de propiedades dentro do censo do IBI urbano que por sentenza deben voltar a cualificación de rústicos”

Marea de Vigo denuncia que o propio Concello era coñecedor da transcendencia do tema ao argumentar a subida do tipo do IBI para o 2018 nas ordenanzas municipais en previsión da caída na recadación por este tema, e as declaracións de onte do Alcalde intentando desviar a atención cara aos 30.000 euros que se recadan do IBI rústico ou mesmo cara a Montoro, evidencian este feito. Non estase falando de deixar de cobrar o IBI rústico, senón de pasar a rústico o urbano cobrado inxustamente.

Do mesmo xeito, a volta ao PXOM do 93 xunto con estas sentenzas debería significar que, sen necesidade de revisión catastral, o Concello debería debería actuar de oficio e identificar estas propiedades que de rústico, pasaron a tributar como urbano nas parroquias do rural vigués sen que a día de hoxe teñan servizos ou planeamento que o xustifique, tal e como pediu no Pleno a Marea de Vigo.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo volta a pedir urxentemente ao Goberno Municipal que comunique á Xerencia Territorial do Catastro en Galicia cales son os terreos do termo municipal de Vigo clasificados no PXOM como urbanizables sectorizados residenciais e industriais que carecen de instrumento de plan de desenvolvemento aprobado, para que pasen a contribuír como bens inmobles de natureza rústica, deixando de facelo na súa inapropiada condición de urbanos, co obxectivo de instar aos procedementos administrativos e tributarios que foran precisos.