-
– Considera que o Concello e corresponsable da situación
O Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que o que aconteza entre as e os traballadores dunha concesionaria municipal e a empresa concesionaria é tamén responsabilidade do concelleiro do área e califica como irresponsables as declaracións feitas polo mesmo desentendéndose da problemática.
Marea de Vigo denunciou hoxe que a aplicación do convenio estatal a unha decena de traballadores da concesionaria supón unha vulneración do prego de condicións, e polo tanto, é responsabilidade do Concello facer cumplir o mesmo.
O voceiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, suliña que “é perfectamente lexítima a mobilización que estan levando a cabo o cadro de persoal de parques e xardíns diante do Concello, diante dos que deben ser os garantes do cumplimento das condicións plasmadas no prego de condicións” e advirte que de non resolver esta situación e ó persoal afectado non se lles aplique o convenio de Parques e Xardíns do Concello de Vigo, “ábrese a porta a inaplicación do convenio a máis traballadores e traballadoras do servizo de forma paulatina”.
Rubén Pérez sinalou tamén que as declaracións do Concelleiro de Parques e Xardíns, Ángel Rivas, desentendéndose do conflicto, “son un exemplo máis de como entende este goberno municipal a sua responsabilidade sobre a xestión de cartos públicos, precisamente unha persoa imputada polas supostas actuacións levadas a cabo coa anterior empresa concesionaria do servizo”.
PRENSA MAREA DE VIGO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.