Marea de Vigo apoia o cadro de persoal do aeroclub na súa loita pola defensa dos seus postos de traballo

Publicado por o día 23/01/2017 na sección de Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo apoia o cadro de persoal do aeroclub na súa loita pola defensa dos seus postos de traballo

Para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, resulta lóxico e de xustiza poñerlle fin ao agravio que existiu ata agora con eses terreos expropiados inxustamente no réxime franquista, pero non é xustificación para que a directiva actual da Comunidade de Montes de Cabral esixa un prezo desorbitado, acción que, de non cambiar, implicaría o cese de actividade do recinto coa consecuente perda dos postos de traballo.

Para resolver esta situación, a Marea de Vigo considera que se podería facer unha taxación independente sobre o valor deses terreos no seu estado actual e a partir de aí, contando coa participación do Concello como mediador, negociar tendo en conta, sempre, e de xeito primordial, a defensa dos postos de traballo e as posibles vías de solución. O que é inexorable, e que 25 familias que hoxe dependen economicamente dos seus postos de traballo no aeroclub non poden ser as que paguen as consecuencias deste conflito.

Ademais, a Marea de Vigo considera que todas as comuneiras e comuneiros deben ser conscientes da situación, posto que as accións da súa directiva poden resultar determinantes no futuro destas persoas, alén do futuro que poden ter eses terreos.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo pide por tanto que o Goberno Municipal reciba ao colectivo de traballadores e medie entre a empresa e a Comunidade de Montes co obxectivo de salvagardar os postos de traballo e apoia ao colectivo que mañá as 12 se manifestará diante do Concello.

 

Una respuesta para "Marea de Vigo apoia o cadro de persoal do aeroclub na súa loita pola defensa dos seus postos de traballo"

  1. Gamela   24/01/2017 at 2:02

    Definitivamente Marea de Vigo perdeu o NORTE se é que algún día tivo na cabeza algo máis que sentar no Pleno do Concello de Vigo para intermediar entre empresarios e empleados ou meter o nariz en cuestións que non lle competen EN ABSOLUTO !!!

    En Vigo a pobreza existe e escóndese no albergue do Calvario ou nos choupanos onde malviven e morren de frío os que non teñen onde caer mortos… Mentres Rubén & Company andan preoucpados polo AERO CLUB ?

    Por favor… un pouco de DIGNIDADE !

    Se queren revisar as leis dos Montes en Man Común que o fagan dende IU pero que non aproveiten a Marea de Vigo para meterse a xestores de empleo ou comisionistas de Abel Caballero !!!