Marea de Vigo celebrou un acto conmemorativo dos seus dos anos de traballo no Concello

A candidatura de unidade popular saída dun proceso de confluencia de sectores políticos e sociais nacía en setembro de 2014 mediante un manifesto asinado por ducias de veciñas e veciños de Vigo.
Publicado por o día 17/06/2017 na sección de Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo celebrou un acto conmemorativo dos seus dos anos de traballo no Concello

No acto, que se celebrou a partir das 20 horas, no local da Marea de Vigo na rúa Camelias, interviron os/a edís do Grupo Municipal da Marea de Vigo, dando paso a unha confraternización das persoas participantes no proceso da Marea de Vigo con petiscos e bebidas para celebrar os dous anos de vida do espazo político.

A Marea de Vigo chegaba ao Concello fai dous anos para, como decía o seu manifesto fundacional, “que o concello de Vigo sexa o centro dunha área metropolitana que converta a nosa comarca nun dos principais eixos do desenvolvemento social do país. Queremos, antes que humanizar as rúas, humanizar as condicións de vida das persoas que se atopan na pobreza máis extrema. Queremos rematar de vez coa especulación urbanística e os desafiuzamentos.”

Hoxe, dous anos despois, estes obxectivos seguen a ser prioritarios para a Marea de Vigo, que segue a construirse como nova nova forma de organización e participación cidadá, que sexa quen de activar unha revolución democrática para construir unha verdadeira democracia participativa no Concello, dende unha ideoloxía de esquerda rupturista como eixo vertebrador da unidade popular.

Durante estes dous anos, no seu labor como oposición, a Marea de Vigo topou cun Goberno Municipal encaixado en dinámicas antidemocráticas, acostumado a facer e desfacer segundo os desexos dun alcalde personalista, que chegou a cambiar o regulamento para evitar a transparencia e o acceso á información á oposición. Sendo conscientes desta realidade, e, atopando día tras día un muro de propaganda partidaria disfrazada de ben común, a Marea de Vigo “non cesará de tirar contra ese muro, para visibilizar a perigosidade do modelo municipal instaurado xa dende hai uns anos nesta cidad”.

Una respuesta para "Marea de Vigo celebrou un acto conmemorativo dos seus dos anos de traballo no Concello"