Marea de Vigo celebrou outra das súas Asembleas Abertas á Cidadanía

No Teatro Ensalle, xuntámonos co obxecto de por en común as nosas ideas e liñas de acción políticas.
Publicado por o día 23/04/2016 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo celebrou outra das súas Asembleas Abertas á Cidadanía
-Os Grupos de Traballo informaron do seu funcionamento nos últimos meses. Tamén se ratificou o labor do Grupo de Folla de Ruta no artellamento dun espazo de esquerda a nivel provincial para mellorar a coordinación das diferentes Mareas.
-No “Espazo de encontro coas Concelleiras” estas denunciaron os atrancos antidemocráticos que o Goberno Municipal está a facer á súa labor de oposición.
Rubén Pérez destacou “O feito de cambiar agora un regulamento que non se tocaba dende hai anos indica que ao PSOE moléstalle a tarefa que a Marea está a facer no Concello, nunca se atoparon cunha oposición que criticase con argumentos a súa tarefa e por iso limitan o acceso a información e incluso as preguntas de control que podemos facer no pleno, que pasan a ser a metade”
Margarida Barreiro destacou: “As dificultades que pon o goberno a nosa tarefa de control, indícannos claramente canto molesta ao alcalde as voces contrarias, o PSOE baleira de contido real pleno e as comisións informativas para gobernar e informar só con titulares e sen acción reais”.
Pola súa banda, Xosé Lois Jácome declarou “mentres a cidadanía supón que o pleno é o seu órgano de representación, Abel Caballero limita o acceso normalizado das persoas ao pleno e usa no seu beneficio normas que el mesmo impón co rodillo da maioría absoluta, canda a Marea propuxo abrir un proceso participativo para o premio Vigueses Distinguidos que quedara vacante a súa resposta foi que -Os vigueses xa participan cada catro anos-, ese é o talante democrático deste goberno.
-Seguidamente, pasouse a tratar os procesos de confluencia a nivel galego, nomeadamente a organización “En Marea” e a iniciativa “Mareas en Común”.
No punto adicado a “En Marea” a asemblea ratificou por unanimidade as emendas que se lle fixeron á proposta de regulamento desta organización política galega; resumidamente: a integración da Marea de Vigo na súa mesa coordinadora e finalmente que se aposte pola forma dun partido, e non unha coalición, cara a unha cada vez máis posible repetición das eleccións xerais.
-Finalmente chegou a quenda aberta, onde unha ducia de persoas colleron a palabra para expor as súas ideas, iniciativas e inquedanzas nos ámbitos da cultura, a igualdade, as problemáticas da sanidade pública, os dereitos sociais e a vivenda… Fechamos este punto coa aprobación por unanimidade da proposta pola cal a Marea de Vigo amosa o seu apoio ás Marchas da Dignidade que se celebrarán o 28 de maio en Lugo.
PRENSA MAREA DE VIGO

Una respuesta para "Marea de Vigo celebrou outra das súas Asembleas Abertas á Cidadanía"