Marea de Vigo denuncia que nin Xunta nin Concello teñen unha soa vivenda para dar solución ás familias desafiuzadas

Coñecidos os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial que falan dun 14, 4% de aumento dos casos de desafiuzamentos en Galicia, a Marea de Vigo denuncia que non exista analogamente un reforzo da loita contra esta problemática con solucións habitacionais dende as administracións con competencias como o Concello de Vigo e a Xunta.
Por o 15/06/2017 | Sección: Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo denuncia que nin Xunta nin Concello teñen unha soa vivenda para dar solución ás familias desafiuzadas
Compartir en:

Marea de Vigo ten coñecemento dun novo caso de desafiuzamento en Vigo que pode ter lugar no día de mañá, desafiuzamento coñecido pola administración local ao ter recibido varias peticións de axuda, segundo as persoas afectadas.

Para a Marea de Vigo é urxente a adopción de medidas pro-activas en materia de vivenda por parte do Concello, xa que, por unha banda, a día de hoxe, tanto Concello como Xunta de Galicia recoñecen ás persoas afectadas que “non dispoñen de ningunha vivenda no término municipal de Vigo para estes casos”, e, pola outra, seguen sen aclararse os procesos de acceso ao rexistro de vivenda baleira da Xunta.

É inescusable a inacción do Goberno Municipal cara a veciñanza que se está vendo afectada, día tras día, en multitude de casos de desafiuzamento. Esta falla da responsabilidade natural que debería ter unha administración local como a máis próxima á cidadanía, está sendo paliada polo movemento asociativo, movementos sociais e veciñais que están acompañando ás persoas que se están vendo nestas situacións de emerxencia social e habitacional tan extremas.

Marea de Vigo considera tamén que o destino final dos recursos económicos obtidosdas poxas polas 19 vivendas de Rosalía vendidas de xeito irresponsable polo Goberno Municipal, debe ser cara á dotación de máis patrimonio público destinado a que oConcello poida paliar a inexistencia de vivendas de emerxencia social para familias que son expulsadas dos seus fogares, especialmente aquelas onde existen menores e persoas dependentes.

Para substanciar isto, tal e como xa ten anunciado e presentado ante o Pleno a Marea de Vigo, é necesario a creación dun Parque Municipal de Vivenda, que, ademais de contar con vivendas de titularidade municipal, contaría con aquelas que puidesen ser cedidas a súa titularidade ou uso por entidades bancarias, SAREV ou outros organismos públicos mediante convenio.

Una respuesta para "Marea de Vigo denuncia que nin Xunta nin Concello teñen unha soa vivenda para dar solución ás familias desafiuzadas"

  1. Gamela   15/06/2017 at 17:11

    A Marea de Vigo non está lexitimada para ABRIR A BOCA mentras non desbloquee a boca do povo !!!
    https://twitter.com/hashtag/GamelaLiberdade?src=hash