Marea de Vigo esixe medidas reais e non propagandísticas ao Concello e máis Aqualia ante a grave seca

O Grupo Municipal da Marea de Vigo lembra que unha gran parte dos máis de 20 millóns de euros que o Concello deu á concesionaria da auga a cambio de inversións pola prórroga de 5 anos acabaron en obras non relacionadas coa rede de auga e saneamento (beirarrúas, bancos, farois, arbustos….).
Por o 14/11/2017 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo esixe medidas reais e non propagandísticas ao Concello e máis Aqualia ante a grave seca

Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal, considera que “a utilización partidaria e electoralista por parte do alcalde de Vigo dos recursos económicos devengados da ampliación en 5 anos da concesión da auga e o saneamento en Vigo é un factor que explica a grave situación de seca tamén na nosa cidade. De ser empregados os mesmos recursos en exclusividade na rede se subministro e saneamento teríamos hoxe en día a maior parte da rede modernizada, e a tubaxe de fibrocemento que erradicadas. So hai que ver o dinoseto e o seu sistema de rego despilfarrador para ter unha imaxe palpable do que se ten feito nestes anos coa auga en Vigo”.

Marea de Vigo lembra que existe un plan de emerxencias na nosa demarcación hidrográfica Galicia- Costa que esixena situación de alerta por seca as seguintes medidas:

  • Limitación dos usos e detraccións do recurso dende o Organismo de bacía. Esta medida abarca dende o incremento do control do Dominio Público Hidráulico pola gardería fluvial para identificar captacións ilegais, ata a limitación temporal dos caudais legalmente concedidos mentres dure o episodio de seca, comezando por aqueles usos menos prioritarios.

  • Limitación dos usos a nivel dos concellos ou sistemas de abastecemento, para evitar usos desproporcionados dende os sistemas xerais de abastecemento municipal: piscinas, rego de xardíns, baldeo de rúas, co obxectivo final de reducir consumos.

  • Aplicación da modificación da estrutura tarifaria en episodios de seca.

  • Restricións no recurso hídrico dispoñible: cortes horarios, supresión usos.

De chegar á fase de alerta, Augas de Galicia mesmo inclúe no Plan medidas como a eliminación do cobro dosconsumos mínimos. (Xúntase o Plan de Emerxencia vixente)

O Concello de Vigo non ten feito nada no factor determinante do excesivo e inxustificado de auga en Vigo: un consumo mínimo de 15 metros cúbicos mensuais (30 bimensuais) implica que non se premia aos consumos mensuais menores (os máis habituais nos fogares vigueses).

Marea de Vigo considera que, se ben é certo que a ampliación da concesión impide por agora establecer unha tarificación diferente, se a Xunta e o Concello o deciden poden obrigar á concesionaria a tarificar excepcionalmente por consumo mentres dure o período de alerta.

“Dende 2013 e polas necesidades electorais do alcalde, Aqualia púxose a financiar humanizacións a cambio de seguir co seu sistema inxusto de tarificación mínima, consagrado na desgraza de privatización que Vigo acometeu hai máis de 25 anos. Dentro dunha humanización por suposto que hai gastos de rede de abastecemento, pero supoñen só unha parte do gasto total da humanización, o resto non ten nada que ver co servizo de abastecemento e saneamento. O alcalde inaugura, di que paga Aqualia, pero finalmente pagamos os vigueses e viguesas no recibo a partir de xaneiro de 2017” lembra o voceiro do grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.