Marea de Vigo lembra ao alcalde que na cidade se seguen a pruducir ducias de casos de persoas que perden a súa vivenda tal como vén de denunciar a PAH no de hoxe

Hoxe o Grupo Municipal da Marea de Vigo foi testemuña do rexistro de documentación no Concello sobre dous novos casos de desafiuzamento.
Publicado por o día 15/12/2017 na sección de Marea Vigo,Política

Cando se da un proceso como o que estamos a ver no día de hoxe, a resposta das administracións públicas non pode limitarse a unha pelexa entre administracións. Non existen políticas de vivenda desde a institución municipal para axudar as persoas que están en risco de exclusión social. O Concello non leva a cabo ningunha política neste eido coa escusa de ser competencia autonómica e a Xuntacarga contra o concello dun xeito ruín acusándoo de non querer entrar no famoso rexistro de vivendas baleiras cando gran parte do problema existe a causa das políticas de austericidio contra a sociedade do propio Partido Popular” afirma Marga L. Barreiro, concelleira do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

Marea de Vigo considera que, á marxe das competencias autonómicas, o Concello si que pode ofrecer saídas ás persoas que, como vén de denunciar a PAH no día de hoxe, corren un grave risco de desprotección . A institución municipal, como a máis próxima á cidadanía, e de xeito amparado pola lei (7/1985), debe exercer competencias na atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social, tal e como xa están facendo outros concellos no conxunto do estado.

No caso de Vigo resulta especialmente grave cando o máximo responsable, o Alcalde, sae constantemente nos medios de comunicación afirmando que en Vigo non hai desafiuzamentos, e que incluso o seu despacho “é unha oficina antidesafiuzamentos”, cando, día tras día, movementos sociais como a PAH, non cesan de denunciar estes casos. De feito, para que o propio alcalde estea perfectamente informado, esta mañá a Plataforma de Afectados polas Hipotecas, a través do rexistro xeral do Concello, informaron de dous novos casos.

Xa é a hora de poñerse a traballar para dar resposta inmediata ás familias que se atopen nunha situación de desafiuzamento ou risco de exclusión social por perda da súa vivenda habitual e precisen de intervención, e deixar de utilizar as necesidades das persoas como arma electoral e política” engade Marga L. Barreiro.