Marea de Vigo levará ao pleno unha moción para anulación da lei de fomento de iniciativas empresariais (lei de depredación)

Na moción, que será defendida pola concelleira Marga L. Barreiro, tamén se ínsta á Xunta á programación e execución de alternativas políticas e económicas sustentables cara a preservación dos bens naturais.
Publicado por o día 24/10/2017 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo levará ao pleno unha moción para anulación da lei de fomento de iniciativas empresariais (lei de depredación)

O pasado martes 17 de outubro era aprobada no Parlamento galego a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais, procedemento levado a cabo a través da vía da urxencia para, e segundo explica Marga L. Barreiro, “para esquivar o período de consultas públicas previo, posicionándose ademais en contra de medidas que supuxesen unhaplanificación e dinamización económica do tecido empresarial e produtivo cara a unhaactividade empresarial sustentable, resultando na realidade un grave ataque ao patrimonio natural, ao territorio e aos dereitos de participación e consulta ambiental da cidadanía e tamén das administracións locais.”

Para a Marea de Vigo, esta lei, que contou con ducias de emendas dos grupos políticos do Parlamento, reduce ao mínimo as garantías nos trámites ambientais así como aprotección do patrimonio, constituíndo unha norma flexibilizadora, liberalizadora e desreguladora das políticas mineiras, enerxéticas e forestais en Galicia en favor dos intereses privados das grandes operadoras do mercado en ditos sectores.

A intencionalidade da propia lei é moi clara, pretendendo simplificar nunha norma xeral aspectos esenciais das normativas que regulan tanto os trámites ambientais dos sectores mineiro, eólico e forestal, como a ordenación do solo industrial de Galicia. Aspectos que por exemplo deixarían a protección dos espazos da Rede Natura en papel mollado ou os criterios ambientais para a planificación de polígonos industriais” explica Marga L. Barreiro na propia moción.

Marea de Vigo considera que é de especial gravidade que coa realidade dos incendios forestais que vimos de padecer (con especial incidencia no termo municipal de Vigo),esta lei comporte a expansión dun modelo forestal baseado na liberalización e amparo dos monocultivos madeireiros e de biomasa que incrementan o risco de incendio, eademais facilite expropiacións coa escusa das necesidades da industria extractiva forestal. Para Vigo é ademais moi significativo a facilidade outorgada aos procesos de expropiación forzosa ao facer máis sinxela consideración de determinados proxectos industriais como estratéxicos, reducindo a autonomía municipal, eliminando control urbanístico coa declaración de utilidade pública, e de incidencia supramunicipal.

En resumo, tal e como expresa a concelleira Marga L. Barreiro, “esta lei aprobada pola Xunta de Galicia aposta por un modelo extractivo de escaso valor engadido e despreza un modelo económico social e natural sustentable. O

espolio do nosos bens naturais común é o espolio do noso futuro. O sacrificio de garantías ambientais e dereitos sociais é unha hipoteca para as vindeiras xeracións.”

Una respuesta para "Marea de Vigo levará ao pleno unha moción para anulación da lei de fomento de iniciativas empresariais (lei de depredación)"