Marea de Vigo levará mañá ao pleno unha moción en defensa do sector da estiba e as súas reivindicacións

A moción será defendida no Pleno polo concelleiro Xosé Lois Jácome, e contarase no propio salón de plenos coa asistencia de delegados sindicais do sector da estiba.
Publicado por o día 30/05/2017 na sección de Marea Vigo,Política,Vigo

Marea de Vigo levará mañá ao pleno unha moción en defensa do sector da estiba e as súas reivindicacións

Para a Marea de Vigo, é importante aclarar que a perda de negocio no Porto de Vigo non garda relación co conflito no sector da estiba, sector que a día de hoxe aínda non materializou nin o primeiro día de folga.

Dentro do contido da moción, recóllense demandas na mesma liña que as propias demandas do sector da estiba, plasmadas na convocatoria de folga, dentro dos motivos e as reivindicacións que levaron ao sector a toma desta decisión.

Para a Marea de Vigo, as situacións que están sendo descritas polo Presidente da Autoridade Portuaria, corresponden a unha realidade diferente da que se está vivindo dentro do Porto, e diferente tamén á realidade que están a vivir as/os traballadoras/es da estiba. Un presidente que pide uns servizos mínimos que a propia convocatoria de folga nin os reflicte ao non ser necesarios para garantir a actividade; ou a mesmo a insistente culpabilización da situación do Porto que fai recaer sobre as/os traballadoras/es da estiba, non fai senón xerar un “chivo expiatorio” facilmente asumible pola cidadanía en lugar de tratar de poñer as ferramentas para reforzar o papel do Porto de Vigo. Defender ás persoas que dependen del, é o mellor camiño cara a recuperación da carga de traballo para o Porto de Vigo, polo que a Marea de Vigo pídelle ao Presidente da Autoridade Portuaria que defenda o Porto defendendo un sector da estiba regulado, profesional e con garantías de emprego.

Ademais da defensa dos dereitos laborais e do apoio ao sector en tódalas mobilizacións que decidan levar a cabo, na moción recóllese o cumprimento dos acordos da OIT na Convenio 137, acordos en vigor sobre os que o Estado ten o mesmo nivel de responsabilidade que sobre as sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea en canto ao seu cumprimento.

Una respuesta para "Marea de Vigo levará mañá ao pleno unha moción en defensa do sector da estiba e as súas reivindicacións"