Marea de Vigo mantivo xuntanza coa xunta de persoal do Chuvi onde coincidiron en denunciar o modelo do novo hospital de Vigo

Publicado por o día 14/09/2015 na sección de Marea Vigo,Política

Marea de Vigo mantivo xuntanza coa xunta de persoal do Chuvi onde coincidiron en denunciar o modelo do novo hospital de Vigo

Ambas partes denuncian o modelo hospitalario instaurado en Vigo polo Partido Popular e consideran perfectamente posible que o Concello busque unha alternativa o problema do aparcadoiro.

Os/a tres concelleiros/a da Marea de Vigo mantiveron hoxe unha xuntanza coa xunta de persoal dentro dos locais sindicais do hospital xeral, onde reiteraron as súas posturas con respecto á problemática que está a acontecer no Álvaro Cunqueiro. Con respecto o aparcadoiro, Marea e Xunta de persoal ven a posibilidade de que o Concello de Vigo asuma unha responsabilidade para con as e os usuarias e usuarios e co cadro de persoal do centro hospitalario.

Alén disto, falouse sobre a situación na que se están comezando a ver gran parte do persoal sanitario , coma as e os celadores, o verse privatizado tamén parte do traballo que ata o de agora dependía directamente do sergas, e ser substituídas/os por contratos lixo a través de contratas.

A xunta de persoal non vai deixar de mobilizarse por unha sanidade pública e de calidade, e seguirá denunciando a tropelía que está supoñedo a apertura do novo hospital para toda a cidadanía, reivindicacións que a Marea de Vigo apoiará en coherencia co seu modelo de hospital 100×100 público que defende.

PRENSA MAREA DE VIGO