Marea de Vigo non acudirá a convocatoria do Consello Social, cualificando a mesma de carente de participación

Para a Marea de Vigo, o único obxectivo que ten na realidade a convocatoria de hoxe é colocar ao tecido social como mero espectador sobre o que xa está previamente acordado e decidido de xeito unilateral por parte do Goberno Municipal.
Por o 06/11/2017 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea de Vigo non acudirá a convocatoria do Consello Social, cualificando a mesma de carente de participación

O Grupo Municipal da Marea de Vigo afirma, un ano máis, a evidente falla de vontade política en canto á participación nos orzamentos municipais por parte da veciñanza e mesmo o tecido asociativo, amosada nesta ocasión na manobra de convocatoria do Consello Social da cidade. Un Consello Social convocado o pasado xoves sen apenas máis documentación que a propia convocatoria, completada no mesmo día de hoxe horas antes da xuntanza.

Esta proposta orzamentaria, ao igual que os pasados anos, carece absolutamente da habilitación da máis mínimacanle participativa, canles que este Goberno Municipal adoita “resolver” reuníndose dun xeito arbitrario, interesado e subxectivo con quen o propio alcalde considera significativo/a.

Á Marea de Vigo non lle valen estas escusas nin o tamén interesado uso que se fai da Lei Montoro e as súas consecuencias nas administracións locais, xa que, a pesares de existir esta ferramenta “castradora” para a política orzamentaria municipal, existen formas de participación cidadá nos orzamentos, por exemplo, no capítulo de inversións, tal e como levan feito multitude de gobernos (A Coruña, Santiago de Compostela, Zaragoza…).

É por isto que o Grupo Municipal da Marea de Vigo presentará unha emenda á totalidade, baseada na cultura participativa, posto que non se poden presentar uns orzamentos ás costas da cidade, e anima desde xa ao tecido asociativo da cidade a que vaia preparando as súas emendas parciais para presentar no prazo de exposición pública.

Una respuesta para "Marea de Vigo non acudirá a convocatoria do Consello Social, cualificando a mesma de carente de participación"

  1. Gamela   07/11/2017 at 7:28

    A fontanería municipal é algo alucinante! Agora que chega o inverno no “Consello Social” non existirá nin OPOSICIÓN nin MOCIÓN… Será que os Tres da Marea teñen cousas máis importantes ás que adicar o seu tempo…?

    Coma esta… https://youtu.be/EnVmeYxzhIw?t=1h5m37s

    Coma esta outra… https://twitter.com/Gamela2017/status/891431631428431874