Segundo as denuncias da veciñanza da zona, ademais destes acontecementos, estanse dando unha serie de feitos moi graves relativos por exemplo aos transformadores eléctricos, e incluso a máis verquidos, que parece estanse levando a cabo na zona da última ponte de madeira do Lagares e mesmo na praia de Toralla.
Ás xa coñecidas e numerosas avarías acontecidas nos últimos meses deberían contar cunha resposta contundente por parte do Concello cara ás institucións responsables desta obra, e dicir, a esixencia por parte do Goberno Municipal ao Ministerio de Medioambiente, responsable desta infraestrutura, do cumprimento dos protocolos de seguridade no emprazamento e a información exhaustiva sobre o que está acontecendo en materia medio ambiental.
“A veciñanza de Coruxo non pode volver a pasar pola situación provocada por unha depuradora que non cumpre as condicións medio ambientais e de salubridade que lle corresponden, e o Concello de Vigo non pode tolerar o que está acontecendo arredor das obras da EDAR”, conclúe Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo.
Noticias de última hora en Vigo